ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoEducaciónFala que FalaNoticia LíderSociedad

O programa «Fala que fala» chega este xoves ao Liceo La Paz, en A Coruña

Radio Líder, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, segue adiante co programa educativo e multimedia «Fala que Fala», que busca fomentar o uso do galego entre o alumnado de 1º e 2º da ESO. Despois do seu paso polo IES Oroso, onde se emitiu en directo a primeira edición, o proxecto chega agora ao CPR Plurilingüe Liceo la Paz, en A Coruña.

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de marzo de 2025 a las 19:30

Compartir

A cita será este xoves 20 de marzo, data na que Radio Líder emitirá o segundo programa en directo desde este centro educativo, entre as 11.00 e as 13.00 horas. O obxectivo principal da iniciativa é levar a radio aos colexios e institutos, facendo que os estudantes sexan os protagonistas e animándoos a expresarse en galego de forma natural e divertida.

Durante a emisión, o alumnado participará en diversas actividades, como xogos, e realizarán unha entrevista ao influencer Miguel Mandayo. A través destas dinámicas, búscase crear un ambiente enriquecedor que impulse o uso activo do galego e fortaleza as competencias comunicativas dos estudantes.

O programa «Fala que Fala» continuará visitando outros centros educativos de Galicia ata o mes de xuño, cando se celebrará un acto de clausura para recoñecer o esforzo e a implicación do alumnado participante. Os seguintes centros que son o IES Manuel García Barros (A Estrada), o IES Ordes, o CPR Plurilingüe Vila do Arenteiro (O Carballiño) e o IES Faro das Lúas (Vilanova de Arousa).

Con esta iniciativa, Radio Líder e a Secretaría Xeral da Lingua buscan poñer en valor o traballo dos departamentos de lingua galega e ofrecer aos estudantes unha experiencia educativa motivadora e creativa.

 

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

fala que falagalegogaliciaLiceo la pazMiguel Mandayoradio lider
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Valentín García: “Participar en Fala que Fala é unha experiencia que non se esquece na vida”
Actualidad

Valentín García: “Participar en Fala que Fala é unha experiencia que non se esquece na vida”