O programa «Fala que fala» chega este xoves ao Liceo La Paz, en A Coruña
Radio Líder, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, segue adiante co programa educativo e multimedia «Fala que Fala», que busca fomentar o uso do galego entre o alumnado de 1º e 2º da ESO. Despois do seu paso polo IES Oroso, onde se emitiu en directo a primeira edición, o proxecto chega agora ao CPR Plurilingüe Liceo la Paz, en A Coruña.




