ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoFala que FalaNoticia Líder

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

A segunda edición de Fala que Fala, o proxecto educativo e multimedia impulsado por Radio Líder coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, pechouse este mércores na Cidade da Cultura de Galicia cunha gran gala na que participaron preto de 600 alumnas e alumnos de oito centros educativos galegos. O evento, celebrado no Edificio Fontán, converteuse nunha auténtica festa da lingua galega, da creatividade e da música feita pola mocidade.

Líder Redacción

Líder Redacción

28 de mayo de 2026 a las 22:41

Compartir

Durante o acto, o alumnado dos diferentes institutos e colexios protagonistas desta edición recibiu os seus diplomas acreditativos tras meses participando nun innovador formato radiofónico en directo desenvolvido nos propios centros educativos. Na entrega de diplomas ao alumnado e aos centros participantes estiveron presentes Valentín García, secretario xeral da Lingua, e Begoña González, responsable de Daveiga, unha das entidades colaboradoras do proxecto. Ao longo do curso, os estudantes realizaron entrevistas, debates, xogos, reportaxes e contidos culturais en galego, demostrando que a lingua continúa máis viva e presente ca nunca entre as novas xeracións.

Un dos momentos máis emocionantes da xornada chegou coa actuación sorpresa de Tentáculo Rock, a banda formada por catro rapaces de Ames de apenas 11 anos que vén de proclamarse gañadora do concurso provincial Quero Cantar 2026 no Teatro Colón da Coruña. Carlos, Martiño, Lois e Leo sorprenderon ao público coa súa enerxía e co seu compromiso coa música en galego, converténdose nun dos grandes símbolos do relevo xeracional da música galega. Ademais, gozamos da música tradicional da man dunha representación de Fuscalla, grupo integrado por profesorado e alumnado do IES O Ribeiro.

A gala tamén serviu para presentar unha das novidades do proxecto: a próxima creación da conta de Spotify Fala que Fala Galeg@s que soan, unha iniciativa que permitirá á mocidade galega escoller o tracklist das cancións que pasarán a formar parte habitual da programación musical de Radio Líder Santiago. O obxectivo é seguir dando visibilidade ao talento emerxente galego e conectar a radio coas novas formas de consumo musical da xuventude.

Durante o evento proxectouse un vídeo resumo da tempada e desenvolveuse unha entrevista aberta co secretario xeral da Lingua, Valentín García, realizada polo propio alumnado participante. Ademais, a organización preparou diversas sorpresas para celebrar o éxito dunha iniciativa que continúa medrando e consolidándose como unha referencia na promoción do galego entre a mocidade.

Nesta segunda edición participaron estudantes do IES Luís Seoane (Pontevedra), CPI Virxe da Saleta (San Cristovo de Cea), IES Francisco Daviña Rei (Monforte de Lemos), IES Cacheiras (Teo), IES Castelao (Vigo), IES O Ribeiro (Ribadavia), CPI Dr. López Suárez (Friol) e CPR San Xosé de Cluny (Santiago de Compostela).

Fala que Fala conta co apoio da Secretaría Xeral da Lingua e do Xacobeo 2027, así como co patrocinio de Restaurante Raxoi, EME Music, Centro Comercial As Cancelas, Daveiga, A Casa do Rock, Ángel Mar Cetárea, La Galiciana, Forvigal, Seguridade A1 e Dezasete Media.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

educacionfala galegofala que falalingua galegaradio lider santiagoxuventude
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

“La IA no sustituye al docente”: Antonio Reyes analiza cómo está cambiando la educación
Actualidad

“La IA no sustituye al docente”: Antonio Reyes analiza cómo está cambiando la educación

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Valentín García: “Participar en Fala que Fala é unha experiencia que non se esquece na vida”
Actualidad

Valentín García: “Participar en Fala que Fala é unha experiencia que non se esquece na vida”