ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Líder Redacción

Líder Redacción

5 de junio de 2026 a las 23:00

Compartir
  • O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, organiza a XV edición do Encontro de patinaxe artística das escolas deportivas municipais. A cita terá lugar este domingo 7 de xuño, a partir das 12:00 horas, no pavillón municipal de Bertamiráns
  • O evento conta coa colaboración do Club de patinaxe Sarela, de Bertamiráns, e o Club de patinaxe artística Omega, do Milladoiro. O programa inclúe seis exhibicións dos distintos grupos de patinaxe das escolas deportivas municipais

Ames, 5 de xuño de 2026.– O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, organiza a XV edición do Encontro de patinaxe artística das escolas deportivas municipais. A cita terá lugar este domingo 7 de xuño, a partir das 12:00 horas, no pavillón municipal de Bertamiráns. O evento conta coa colaboración do Club de patinaxe Sarela, de Bertamiráns, e o Club de patinaxe artística Omega, do Milladoiro. O programa inclúe seis exhibicións dos distintos grupos de patinaxe das escolas deportivas municipais.

O pavillón municipal de Bertamiráns acollerá este domingo 7 de xuño o XV Encontro de patinaxe artística das escolas deportivas municipais do Concello de Ames, un evento deportivo no que participarán as rapazas e rapaces das escolas municipais de patinaxe artística. Ao longo de toda a mañá realizarán diversas coreografías grupais nas que interpretarán diferentes ideas e temáticas e, ademais, amosaranlle ao público o aprendido ao longo de todo este curso 2025-2026.

Nesta exhibición de clausura participarán un total de 180 patinadores e patinadoras de entre 5 e 17 anos das escolas do Milladoiro, Bertamiráns e Barouta, que están coordinadas polos clubs de patinaxe de Ames CP Sarela e CPA Omega. Deste xeito, haberá bailes grupais, que tratarán de representar unha idea a través da súa coreografía, e unha competición, que estará dividida en dous niveis para dar cabida a toda a progresión deportiva das nenas e nenos.

Inauguración e primeira competición

A partir das 11.30 horas abren as portas do pavillón e ás 12.00 horas darán comezo as exhibicións, cos espectáculos de Adela Tarrío Vidal, patinadora de categoría nacional alevín do CPA Omega, e Iria Piñeiro Sande, de categoría nacional júnior do CP Sarela. Logo desta inauguración, arredor das 12.15 horas comezará a competición por grupos da categoría base.

O primeiro en actuar será o grupo 0 do Milladoiro con “Soños de chocolate”, unha viaxe abraiante ao lugar onde nacen os chocolates máis máxicos do mundo. Deseguido, o grupo 1 de Bertamiráns con “Baixo a gran carpa”, un espectáculo de fantasía onde os soños se fan realidade. A terceira exhibición correrá a cargo do grupo de Barouta, que representará “O latexo dos 80”, finalizará a competición o grupo 4 de Bertamiráns con “As Kunoichi”.

Exhibicións e segunda competición

Unha vez finalizada a competición da categoría base, arredor das 12.45h, e entre medias da competición da categoría avanzada, haberá dúas novas exhibicións. Neste caso, os patinadores encargados das actuacións serán Hugo Vrhovski, de categoría nacional cadete e pertencente ao CPA Omega, e María Peña Rodríguez, de categoría nacional sénior e pertencente ao CP Sarela.

Arredor das 13.00 horas dará comezo a competición dos grupos de categoría avanzada. O primeiro dos pases correrá a cargo do grupo 2 de Bertamiráns, co espectáculo “Código Louvre”, unha coreografía ambientada neste museo francés. Logo, virá o grupo 1 do Milladoiro, que interpretará “Reflexo invertido”. En terceiro lugar será a quenda do grupo 3 de Bertamiráns con “Cowgirls”, e pechará esta competición de categoría avanzada o grupo 2 do Milladoiro con “Recordando aquelas aulas de EXB”.

Para finalizar co espectáculo, e antes de dar comezo á gala de clausura e entrega de medallas, ás 13.30 horas haberá unha nova rolda de exhibicións. Nesta ocasión, será a quenda, en primeiro lugar, da parella formada por Claudia Veiga e Mauro Vrhovski, ambos de categoría nacional cadete e pertencentes ao CPA Omega, e a actuación en solitario de Antía Blanco Villaverde, de categoría nacional senior e pertencente ao CP Sarela.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O evento rematará arredor das 13:45h, cun desfile final das persoas participantes e a entrega de medallas e diplomas ás patinadoras e patinadores participantes.

Etiquetas

amespatinaxe
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

  • Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación

E-motion roza o podio no seu primeiro ano no Campionato de España
Deportes

E-motion roza o podio no seu primeiro ano no Campionato de España