ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

'Master Class' sobre peluquría na presentación de 'Ruphert te necesito' en Pontecesures

A periodista María José Lorenzo escribiu as memorias do ‘peluqueiro das estrelas’ nun acto no que tamén participou o presidente do Parlamento galego Miguel Santalices

Líder Redacción

Líder Redacción

5 de junio de 2026 a las 18:01

Compartir

A presentación do libro ‘Ruphert te necesito’ na Biblioteca Municipal de Pontecesures converteuse nunha especie de master class sobre peluquría con protagonistas moi dispares ante un nutrido grupo de asistentes que encheron o recinto Cultural. O libro de memorias do que foi considerado como o mellor peluqueiro de España foi escrito pola periodista María José Lorenzo e é o resultado de moitas horas de conversa entre ambos aínda que o protagonista faleceu antes de que vexa a luz.

No libro reflexan opinións e secretos do home que tivo nas súas mans as cabezas de reinas e destacados personaxes da nobreza europea, ás cantantes e actrices máis populares, divas de todo tipo, mulleres de ministros e incluso xigantes do cine como o italiano Federico Fellini ou homes coquetos ou algúns personaxes que se converteron en iconos para a sociedade das últimas tres décadas do século pasado e as primeiras do actual.

A presentación en Pontecesures, localidade natal da autora, produciuse o pasado xoves, unhas semanas despois do éxito que acadou en Madrid. Aquí foi presentado polo presidente do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices Vieira, amigo persoal da autora, a peluqueira Rosa Fernández Chaves, o xornalista José Antonio Pérez e a propia autora.

Como a cousa ía de peluqurías, Santalices Vieira deixou de lado a súa condición de político e nunha disertación máis que interesante e documentada referiuse aos prejuízos de secar o pelo con secadores eléctricos e non facelo ‘ao vento’ e ás bondades de empregar os champús de orixe natural fronte a aqueles que proceden de laboratorios. Á vez que dicía que é bo o coidado persoal reclamaba que «os galegos, que somos moi longevos, debemos coidarnos uns aos outros e sobre todo estar pendentes de aquelas persoas maiores ou que viven sós e necesitan compañía».

Rosa Fernández Chaves, formada en academias de Madrid por algúns dos mellores estilistas deste país, explicou aos presentes as habilidades de Ruphert destacando o impulso que lle deu a este sector en momentos tan importantes para o noso país. Falou do paso á modernidade que supuxo o ‘método Ruphert’ cuxos peiteados puxeron fin aos estilos do vello réxime e deron paso a unha muller máis actual. Tamén se referiu a algúns dos cambios introducidos polo peluqueiro en personaxes tan dispares como Bibi Anderson ou Mónica Naranjo. «Puphert abriu moitos camiños no mundo da peluquría e o tratamento do cabelo», dixo Rosa.

Por parte, José Antonio Pérez centrouse en salientar o papel tan importante que xogaron os xornalistas do corazón nun momento no que a política pretendía arrasar con todo no mundo da información. Destacou que, a pesar de todo, o que máis se vendía en España eran as revistas como Hola, Lecturas, Semanas ou Pronto o que levou ás televisións privadas a optar por este modelo, no que Ruphert tamén tivo un papel importante.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Finalmente a autora, María José Lorenzo, contou como se xestou este libro de memorias, lamentouse de que Ruperto Burillo Ortega (Ruphert) non puidera velo impreso (faleceu en febreiro de 2025) aínda que si viu boa parte dos capítulos nas súas notas e fixo un repaso por algunhas das anécdotas máis divertidas.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.