Política de Privacidade
1. Datos identificativos
En cumprimento do deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI-CE), reflíctense os seguintes datos: a empresa titular de vive.gal é DEZASETE MEDIA, S.L., con CIF B56629892 e domicilio para estes efectos en San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña), con correo electrónico de contacto info@vive.gal.
2. Usuarios
O acceso e/ou uso deste portal de DEZASETE MEDIA, S.L. atribúe a condición de USUARIO, que acepta, desde o devandito acceso e/ou uso, as Condicións Xerais de uso aquí reflectidas. As citadas condicións serán de aplicación independentemente das Condicións Xerais de Contratación que no seu caso resulten de obrigado cumprimento.
3. Protección de datos de carácter persoal
En cumprimento do Regulamento Xeral (UE) 2016/679 de Protección de Datos (RXPD) e da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), informámolo sobre o tratamento dos seus datos persoais:
| Responsable | DEZASETE MEDIA, S.L. |
| Finalidade | Xestión da solicitude. |
| Lexitimación | Execución dun contrato / prestación de servizos. |
| Destinatarios | Non se realiza cesión de datos a terceiros, salvo obriga legal. |
| Dereitos | Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade dos datos achegados, como se indica na información adicional. |
| Información adicional | Pode consultar a información adicional e detallada sobre protección de datos nos apartados seguintes. |
4. Información detallada sobre protección de datos
Quen é o responsable do tratamento dos seus datos?
- Identidade: DEZASETE MEDIA, S.L.
- Domicilio social: San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)
- Teléfono: 881 943 860
- Email: info@vive.gal
Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?
En DEZASETE MEDIA, S.L. tratamos a información que nos facilitan as persoas interesadas co fin de xestionar e tramitar os servizos solicitados. Non se realizarán tratamentos de datos automatizados co fin de elaborar perfís.
Por canto tempo conservaremos os seus datos?
Os datos persoais facilitados polo usuario conservaranse mentres non se solicite a súa supresión por parte da persoa interesada.
Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?
A base legal para o tratamento dos seus datos é a execución da súa solicitude, o desenvolvemento e execución das relacións contractuais e precontractuais establecidas con vostede, así como o cumprimento das obrigas legais que lle son de aplicación a DEZASETE MEDIA, S.L..
A que destinatarios se comunicarán os seus datos?
DEZASETE MEDIA, S.L. non realiza cesión de datos a terceiros, salvo ás Administracións Públicas ás que se atope obrigada por Lei.
Cales son os seus dereitos?
O usuario poderá exercer en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade dos datos achegados, segundo o disposto no Regulamento Xeral (UE) 2016/679 de Protección de Datos e na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, dirixindo un escrito no que especifique que dereito desexa exercer e achegando copia dun documento oficial que o identifique (DNI ou Pasaporte), ao enderezo do domicilio social indicado ou ao correo electrónico info@vive.gal.
Así mesmo, a persoa interesada pode presentar unha reclamación ante a autoridade de control, a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).
Medidas de seguridade e confidencialidade
DEZASETE MEDIA, S.L. cumpre integramente coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal e cos compromisos de confidencialidade propios da súa actividade. Adoptou as medidas técnicas necesarias para manter o nivel de seguridade requirido, segundo a natureza dos datos persoais tratados e as circunstancias do tratamento, co obxecto de evitar, na medida do posible e sempre segundo o estado da técnica, a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado. Os campos marcados con «*» nos nosos formularios son de carácter obrigatorio; a non cobertura deses campos poderá impedir ao usuario gozar dalgúns dos servizos e informacións ofrecidos na web.
Datos de terceiros
No caso de que o usuario facilite datos de carácter persoal referentes a persoas físicas distintas de si mesmo, deberá, con carácter previo á súa inclusión, informalas do contido da presente cláusula, de acordo co establecido no Regulamento Xeral (UE) 2016/679 de Protección de Datos e na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro.
Comunicacións comerciais
En cumprimento da Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, e da Lei 11/2022, do 28 de xuño, Xeral de Telecomunicacións, infórmase ao usuario de que DEZASETE MEDIA, S.L. poderá enviarlle por medios electrónicos información sobre produtos e servizos de interese, ao que o usuario presta o seu consentimento. En calquera momento poderá revogar esta autorización no enderezo info@vive.gal.
5. Cookies
Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros. Para máis información, consulte a nosa Política de Cookies.
Última actualización: xuño de 2026