ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoNoticia LíderSociedad

Fran Cañotas ten claro cal é o prato que mellor define Galicia: «Une costa e interior»

 

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de enero de 2025 a las 18:34

Álvaro Veiga e Fran Cañotas

Compartir

Fran ‘Cañotas’ Rego González, xornalista, actor e presentador do programa culinario máis visto da TVG, participou nunha entrevista en Radio Líder Santiago na que falou da súa traxectoria profesional, do éxito do seu proxecto gastronómico e da importancia de manter vivas as tradicións galegas. Na conversa con Álvaro Veiga destacou o impacto cultural e mediático dun programa que xa se consolidou como un dos grandes referentes da televisión autonómica.

O presentador, coñecido polo seu carisma e proximidade, reflexionou sobre como o seu programa logrou recuperar audiencias que se estaban afastando da televisión tradicional. “Estamos recuperando xente que xa non vía a tele,” afirmou. Segundo explicou, o formato combina receitas sinxelas, baseadas nos produtos e tradicións galegas, cun enfoque atractivo que chega tanto ás xeracións máis novas como ao público habitual da TVG. A fórmula demostrou ser efectiva, situando o programa entre os espazos de entretemento máis vistos da canle. “Competimos con auténticos trasatlánticos como Ana Rosa e Sonsoles,” sinalou con orgullo, destacando o baixo orzamento e a unión dun equipo pequeno pero comprometido.

O comunicador arzúan Fran Cañotas durante a entrevista en Radio Líder Santiago

Outro dos temas centrais da entrevista foi o libro de receitas baseado no programa, que Cañotas describiu como un agasallo perfecto para o Nadal. Publicado pouco antes das festas, o libro reúne 66 receitas icónicas seleccionadas entre máis de 1.300 presentadas no programa.

Cañotas destacou pratos tan representativos como un cachopo de entrecot con queixo de Arzúa ou unha flor de cebola con maionesa de castaña. Este último foi definido como un “descontrol gastronómico,” grazas á colaboración de Begoña Vázquez, elixida como a mellor cociñeira de 2024.

Cañotas amosou unha profunda admiración pola cociña galega e os seus produtos. Cando se lle pediu que definise a gastronomía da rexión nun prato, o presentador elixiu o cocido. “É o prato que mellor define Galicia,” explicou, destacando a súa presenza en todos os fogares, dende a costa ata o interior.

Tamén puxo en valor produtos como o queixo de Arzúa, ao que calificou como “un dos máis versátiles” e icónico dentro e fóra de Galicia. “Temos moita sorte de vivir nunha terra con tanta riqueza culinaria,” engadiu.

Fran Cañotas compartiu tamén momentos clave da súa carreira, incluíndo os seus inicios no xornalismo deportivo e a súa inesperada transición ao entretemento. Entre as súas experiencias máis memorables, lembrou cando presentou por sorpresa o programa “A Liga das Cidades,” sen ensaio previo, unha situación que superou con humor e profesionalidade.

O presentador revelou ademais os seus soños televisivos, que inclúen liderar un concurso de plató ou un programa de prime time titulado “A Cañoteira,” un late night que combinaría entrevistas con espectáculos ao estilo galego. “Encantaríame crear algo novo, cunha conexión directa coa nosa xente e as nosas historias,” confesou.

Por último, Cañotas falou con sinceridade sobre os desafíos de traballar en televisión nunha época marcada pola polarización e a exposición pública. “Ás veces temos a pel demasiado fina,” comentou ao referirse ás críticas que reciben programas e figuras públicas. A pesar disto, mantén unha actitude optimista e resalta o privilexio que supón ter unha plataforma desde a que conectar coa audiencia.

Tes a entrevista completa no seguinte enlace.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

a voltas co pratoEntrevistafran cañotasgastronomiaradio lider santiagotelevision
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A gastronomía e a solidariedade volven darse a man en Negreira
Actualidad

A gastronomía e a solidariedade volven darse a man en Negreira

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock