ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoNoticia Líder

A gastronomía e a solidariedade volven darse a man en Negreira

Líder Redacción

Líder Redacción

5 de junio de 2026 a las 10:12

Compartir
  • A duodécima edición de Estrelas Solidarias no Camiño reunirá en Casa Barqueiro a algunhas das figuras máis destacadas da cociña nacional e internacional para apoiar a investigación da enfermidade de Dent, coincidindo co 25 aniversario do emblemático establecemento.
  • Negreira reúne gastronomía, arte e solidariedade nunha edición histórica de Estrelas no Camiño
  • Consigue a túa entrada no seguinte enlace: ENTRADA PARA ESTRELAS NO CAMIÑO

Negreira volverá converterse este 8 de xuño nun dos grandes escaparates da gastronomía española coa celebración da XII edición de Estrelas no Camiño, un evento que mestura alta cociña, compromiso social e promoción do rural galego. A cita, organizada en Casa Barqueiro, terá este ano un significado especial ao coincidir co 25 aniversario do restaurante fundado por Rogelio Rial e ao destinar a súa recadación á asociación Art for dent, dedicada á investigación da enfermidade de Dent.

Durante a entrevista radiofónica en Radio Líder Santiago, Rogelio Rial lembrou como naceu esta iniciativa arredor da figura de Juan Maria Arzak. “Isto empezou con Juan Maria Arzak. Viña dous ou tres días e faciamos unha comida entre amigos; primeiro eramos quince, despois trinta, cincuenta, cen… e tivemos que facer algo máis grande”, explicou. Aquel encontro informal acabou converténdose nun dos eventos gastronómicos solidarios máis relevantes de Galicia.

Nesta edición participarán arredor de 43 cociñeiros que suman preto de 70 estrelas Michelin, entre eles Martín Berasategui, Elena Arzak, os Irmáns Torres ou Paco Roncero, ademais da presenza de destacados chefs portugueses. “Agora mesmo hai 43 cociñeiros e case 70 estrelas”, destacou Rial, quen subliñou o carácter internacional dunha cita que o pasado ano congregou a máis de 500 persoas.

A solidariedade é o outro gran eixo do encontro. Os beneficios do evento destinaranse a Art for dentm entidade que financia un proxecto de investigación sobre esta enfermidade rara.

“Estamos superagradecidos de ser a asociación beneficiaria este ano”, sinalou a súa presidenta, María Castelao, quen explicou que os fondos “servirán para seguir adiante cun proxecto de investigación que, de non conseguilo financiar nós, dificilmente recibiría apoio por tratarse dunha enfermidade moi minoritaria”.

Como símbolo desta colaboración, Artdent promoveu a creación dun mural conmemorativo realizado polo artista Fernando Yáñez, composto por 25 estrelas que representan tanto os anos de vida de Casa Barqueiro como o espírito gastronómico do evento. “Quedará aí en Negreira como un recordo e para nós é unha honra telo feito”, afirmou Castelao.

Pola súa banda, Rogelio Rial reivindicou a esencia do proxecto e do propio restaurante, que evolucionou ao longo destes 25 anos mantendo a súa identidade. “Casa Barqueiro é un restaurante humilde, de produto galego, sobre todo de produto ben feito, sen máis”, resumiu.

O empresario destacou tamén a importancia do enclave e do entorno natural que rodea o establecemento, convertido xa nun referente para celebracións e eventos gastronómicos. “Temos as vacas arredor do restaurante, moi boa carne, moi bo peixe de ría, bo marisco… bo produto en xeral”, apuntou.

A programación incluirá unha gran feira gastronómica ao aire libre, pratos elaborados polos chefs invitados, música e actuacións ata ben entrada a madrugada. Ademais, este ano celebrarase unha homenaxe especial a Juan Maria Arzak, considerado por Rial “como un pai para nós e un referente para toda a profesión”.

Outra das grandes novidades será a presenza do actor Antonio Resines, embaixador de Artdent desde os primeiros pasos da asociación. “Sempre estivo pendente de nós e disposto a axudar en todo o que fixese falta”, agradeceu María Castelao.

Con poucas entradas xa dispoñibles, Estrelas Solidarias no Camiño consolídase como un exemplo de como a gastronomía pode transcender os fogóns para converterse nun motor de solidariedade, investigación e dinamización social.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

Art for Dentcasa barqueiroestrelas no camiñoestrelas solidariasgastronomianegreirasolidariedade
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Andrés Torreiro (D’Obra, Melide), na loita polo mellor cociñeiro de Galicia
Actualidad

Andrés Torreiro (D’Obra, Melide), na loita polo mellor cociñeiro de Galicia

Santiago, Ames, Noia y Boiro suman nuevos restaurantes con Solete Repsol
Actualidad

Santiago, Ames, Noia y Boiro suman nuevos restaurantes con Solete Repsol

Artesana, Bodeguilla de Santa Marta e La Morena, gañadores do XVII Santiago(é)Tapas
Actualidad

Artesana, Bodeguilla de Santa Marta e La Morena, gañadores do XVII Santiago(é)Tapas

O XVII Santiago(é)Tapas supera as 33.000 tapas vendidas
Actualidad

O XVII Santiago(é)Tapas supera as 33.000 tapas vendidas