ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarcaDestacadoSociedad

27 grupos de música tradicional participarán este sábado en Negreira na II Foliada Barcalesa

O sábado 25 de maio de 2024, a Praza do Concello de Negreira vibrará con música, baile e entretemento na segunda edición da Poliada Barcalesa. O evento, que acollerá tanto a veciños como a visitantes, está programado para comezar ás 13:00 h e rematará ben entrada a noite, ás 23:45 h.

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de mayo de 2024 a las 19:23

Compartir

Este mércores participaba en Radio Líder Santiago, Lidia Caamaño, membro do grupo de música tradicional Os Garuleiros, organizadores do evento, para explicar a extensa programación de actividades para todos os públicos e variadas actuacións de 27 grupos chagados de toda Galicia.

Ao longo do día, actuarán agrupacións musicais e de baile tradicionais galegos. Entre as actuacións, están as Escolas de Pandereteiras do Concello de Negreira en diferentes categorías (infantil, xuvenil e maiores), a Sociedade Cultural e Folclórica Veiga do Cotón, Cantareiras das Amas de Casa de Rois, e moitas máis. Tamén contarase cunha Foliada Libre ás 23:20 h, onde todos os asistentes poden unirse ao festexo e aportar a súa música.

Ademais das actuacións musicais, a Foliada Barcalesa ofrece varias actividades complementarias para garantir a diversión de todos os públicos. Haberá unha cantina con prezos populares e un obradoiro de abesouros impartido por Julia Marín Ramírez. Ao longo da tarde, os asistentes poderán gozar de xogos tradicionais, unha exhibición de petanca polo Club Petanca Negreira, e postos de artesanía. Os máis pequenos tamén terán o seu espazo con inchables para o seu divertimento.

Para os amantes da boa comida, a organización ofrece opcións de xantar e/ou cea popular con pratos tradicionais como empanada, polbo, parrillada de carne, postres, café e bebidas. Os prezos para o xantar ou cea son moi accesibles: gratuíto para menores de 7 anos, 15 euros para nenos de 8 a 12 anos, e 30 euros para maiores de 12 anos.

A emoción tamén estará presente cos sorteos planificados ao longo do día, ás 14:30 h, 17:30 h, 19:00 h, e 21:00 h. Entre os premios, destacan vales de 100 euros para gastar nos bares e restaurantes de Negreira, unha cesta valorada en 150 euros, e vales de 150 euros para gastar nos establecementos comerciais de Negreira.

Para máis información podas consultar as redes sociais do Concello de Negreira. Non deixes escapar esta oportunidade única de gozar dunha xornada inesquecible con familia e amigos.

A entrevista completa, no seguinte enlace.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

comarcaculturaEntrevistafoliada barcalesanegreiraprogramacionradio lider santiagotradicion
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A gastronomía e a solidariedade volven darse a man en Negreira
Actualidad

A gastronomía e a solidariedade volven darse a man en Negreira

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

A parroquia arzuá de Rendal acolle este venres o espectáculo de Avelino González
Comarca

A parroquia arzuá de Rendal acolle este venres o espectáculo de Avelino González

De DJ privado de Loquillo y Clangor al mítico Pub La Radio: Javi Rial, el disc jockey fiel al vinilo
Destacado

De DJ privado de Loquillo y Clangor al mítico Pub La Radio: Javi Rial, el disc jockey fiel al vinilo