ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y Cultura

A improvisación oral en verso encheu o Auditorio de Galicia nos premios Enreguéifate 2025

Preto dun milleiro de persoas participaron nesta festa regueifeira conducida polo mestre, músico e regueifeiro Manolo Maseda; o mestre, escritor e regueifeiro Séchu Sende; e as formadoras do Enreguéifate Lupe Blanco, O Rabelo, Nuria das Cruces e Xairo d’Herbón. Unha gala accesible en lingua de signos que contou coa asistencia dunha vintena de colexios e institutos de toda Galicia, amais dunha representación de bertsolaris do País Vasco. A xornada foi amenizada tamén pola Orquestra da Regueifa, formada por estudantes do IES do Milladoiro de Ames, o IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela e o IES San Tomé de Freixeiro de Vigo, así como pola música das Pandeireteiras do Camballón, alumnas do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces.

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de mayo de 2025 a las 20:08

Compartir

Os premios do certame Enreguéifate foron entregados da man de Maruxa Suárez, concelleira de Cultura de Carballo; María Vázquez, concelleira de Educación, Muller, Igualdade, Diversidade e Lingua de Teo; Blas García, alcalde do concello de Ames; e Pilar Lueiro, tenente de alcaldesa de Santiago de Compostela.

Na categoría xeral, entregáronse os galardóns á Regueifa máis brava, a Paco Felípez e Óscar García, con «Veciños ben levados» (Carballo e Malpica); a Regueifa máis aguda, para Arrieiro e Chaminho pola súa «Video-regueifa atlántica» (Malpica e A Coruña); a Regueifa máis diversa, para a Escola da Regueifa de Carballo, con «A nosa propia melodía» (Carballo); a Regueifa máis reivindicativa, para as Ministras por «Se nós fósemos ministras» (Pontevedra); a Regueifa mellor falada, ex aequo para Guerreiras regueifeiras, «Cidades galegas» (Santiago de Compostela), e Iria e Javi, «Vivan as nosas poetas» (Santiago de Compostela); a Regueifa mellor cantada, que foi para a Asociación Cultural Coro Virxe da Renda (Poio) polo seu vídeo «Cantar e desfrutar«; e a Regueifa máis inclusiva, entregada aos Teiseiros Regueifeiros co seu «Non hai quen viva! Regueifa do alugueiro» (Centro de Inclusión Fundación da Santa Cruz en Vigo).

Na categoría escolar, a Regueifa máis brava foi para Os falabarato, “CEIP Plurilingüe de Nétoma-Razo” (Carballo); a Regueifa máis aguda para o grupo 6º B Quiroga Palacios, coa súa «Regueifa do banquete» (CEIP. P. Cardeal Quiroga Palacios, Santiago de Compostela); o premio á Regueifa máis diversa levárono as Regueifeiras do Rosalía coa «Regueifa pola diversidade» (IES Plurilingüe Rosalía de Castro, Santiago de Compostela); a Regueifa máis reivindicativa foi para as Regueifeiras do Camballón, co vídeo «Altri non! Mina non!» (IES Marco do Camballón, Vila de Cruces); a Regueifa mellor falada para o grupo A cuarta revolta, coa regueifa «Continuemos co legado» (CPI As Revoltas, Cabana de Bergantiños); a Regueifa mellor cantada para as Regueifeiras de Dodro, «Emoción ou razón?» (CPI Eusebio Lorenzo Baleirón Tarrío, Dodro); a Regueifa máis inclusiva entregóuselle ao grupo Radio Regueifa Inclusiva, con «Somos diferentes, somos referentes» (IES do Milladoiro / CEE Manuel Navalón, Ames e Santiago de Compostela); e a Regueifa máis entroideira foi para As Entroideiras, co vídeo «O Entroido galego» (CEIP San Martiño, Pontevedra).

Á gala asistiron ademais integrantes do equipo técnico dos Servizos de Normalización Lingüística e unha representación política dos concellos impulsores do Enreguéifate. Tamén a responsable de Lingua da Deputación da Coruña, Soledad Agra, xa que o acto celebrado no Auditorio de Galicia foi unha celebración conxunta coa Regueifesta, no seu décimo aniversario, e o Regueibertso, un programa apoiado pola Deputación da Coruña que procura a sensibilización lingüística e a difusión da regueifa e o bertsolarismo entre a xente nova. Xurdido en 2016 dentro do Proxecto Regueifesta, colectivo educativo da Asociación ORAL, o Regueibertso consiste nun intercambio entre alumnado improvisador de Galicia e do País Vasco. Este ano, a convivencia entre máis de 70 escolares regueifeiras e bertsolaris tivo lugar en Santiago de Compostela durante esta pasada fin de semana.

Etiquetas

culturaenregueifatesantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.