A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
A Asociación do Traxe Galego organizará o vindeiro 17 de maio unha xornada especial en Santiago para celebrar o Día das Letras Galegas 2026, dedicado este ano á escritora, xornalista e activista galega Begoña Caamaño.
Líder Redacción
12 de mayo de 2026 a las 16:41
O acto principal será un desfile co traxe tradicional galego que percorrerá distintas rúas do casco histórico compostelán. O encontro dos participantes está previsto ás 11:30 horas na Praza do Toural, mentres que a saída do desfile terá lugar ás 11:45 horas. O percorrido discorrerá pola rúa do Vilar, Praza de Praterías, rúa da Conga, Preguntoiro, Praza de Cervantes, rúa das Casas Reais, Porta do Camiño e Costa de San Domingos, rematando na escalinata do Museo do Pobo Galego.
Unha vez finalizado o desfile, desenvolverase unha ofrenda literaria con lectura de textos en galego, seguida dunha ofrenda floral no Panteón de Galegos Ilustres. A programación concluirá coa interpretación do Himno Galego.
A Asociación porá fin á xornada celebrando un xantar de confraternidade, entre os seus socios e socias, no restaurante O Cabido, situado na rúa de San Pedro.



