Os premios do certame Enreguéifate foron entregados da man de Maruxa Suárez, concelleira de Cultura de Carballo; María Vázquez, concelleira de Educación, Muller, Igualdade, Diversidade e Lingua de Teo; Blas García, alcalde do concello de Ames; e Pilar Lueiro, tenente de alcaldesa de Santiago de Compostela.
Na categoría xeral, entregáronse os galardóns á Regueifa máis brava, a Paco Felípez e Óscar García, con «Veciños ben levados» (Carballo e Malpica); a Regueifa máis aguda, para Arrieiro e Chaminho pola súa «Video-regueifa atlántica» (Malpica e A Coruña); a Regueifa máis diversa, para a Escola da Regueifa de Carballo, con «A nosa propia melodía» (Carballo); a Regueifa máis reivindicativa, para as Ministras por «Se nós fósemos ministras» (Pontevedra); a Regueifa mellor falada, ex aequo para Guerreiras regueifeiras, «Cidades galegas» (Santiago de Compostela), e Iria e Javi, «Vivan as nosas poetas» (Santiago de Compostela); a Regueifa mellor cantada, que foi para a Asociación Cultural Coro Virxe da Renda (Poio) polo seu vídeo «Cantar e desfrutar«; e a Regueifa máis inclusiva, entregada aos Teiseiros Regueifeiros co seu «Non hai quen viva! Regueifa do alugueiro» (Centro de Inclusión Fundación da Santa Cruz en Vigo).
Na categoría escolar, a Regueifa máis brava foi para Os falabarato, “CEIP Plurilingüe de Nétoma-Razo” (Carballo); a Regueifa máis aguda para o grupo 6º B Quiroga Palacios, coa súa «Regueifa do banquete» (CEIP. P. Cardeal Quiroga Palacios, Santiago de Compostela); o premio á Regueifa máis diversa levárono as Regueifeiras do Rosalía coa «Regueifa pola diversidade» (IES Plurilingüe Rosalía de Castro, Santiago de Compostela); a Regueifa máis reivindicativa foi para as Regueifeiras do Camballón, co vídeo «Altri non! Mina non!» (IES Marco do Camballón, Vila de Cruces); a Regueifa mellor falada para o grupo A cuarta revolta, coa regueifa «Continuemos co legado» (CPI As Revoltas, Cabana de Bergantiños); a Regueifa mellor cantada para as Regueifeiras de Dodro, «Emoción ou razón?» (CPI Eusebio Lorenzo Baleirón Tarrío, Dodro); a Regueifa máis inclusiva entregóuselle ao grupo Radio Regueifa Inclusiva, con «Somos diferentes, somos referentes» (IES do Milladoiro / CEE Manuel Navalón, Ames e Santiago de Compostela); e a Regueifa máis entroideira foi para As Entroideiras, co vídeo «O Entroido galego» (CEIP San Martiño, Pontevedra).