ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoNoticia Líder

María Rozas: «A crise no PSOE obríganos a ser máis dialogantes, pero iso é a política»

Líder Redacción

Líder Redacción

21 de marzo de 2025 a las 20:46

Compartir
  • María Rozas destaca a implicación xuvenil na cidade e avanza a creación dun centro innovador para a mocidade, mentres defende a estabilidade do goberno municipal

Redacción, 21 de marzo de 2025.- Santiago de Compostela continúa apostando pola participación da xuventude nas decisións municipais. Así o explicou María Rozas, tenenta de alcaldesa e responsable de Xuventude, nunha entrevista en Radio Líder Santiago, onde puxo en valor o éxito dos orzamentos participativos e avanzou detalles da Factoría Moza, un novo espazo pensado para a mocidade da cidade.

Pero ademais dos temas xuvenís, a concelleira tamén abordou a situación política no Pazo de Raxoi tras as tensións no Partido Socialista, subliñando que o goberno local seguirá apostando polo diálogo para garantir a estabilidade da cidade.

100.000 euros en mans da xuventude

Os orzamentos participativos da área de Xuventude, que contan cunha dotación de 100.000 euros, están a espertar un grande interese entre os mozos e mozas de Compostela. Segundo destacou Rozas, nesta edición presentáronse máis de 100 propostas en ámbitos moi diversos, como música, deporte, formación, saúde ou gastronomía.

«Ás veces temos estereotipos sobre a xuventude que non son certos. A realidade é que teñen intereses moi diversos e ganas de participar na vida municipal», afirmou a edil.

O proceso de votación segue aberto ata o luns 24 de marzo, e dende o Concello anímase á xuventude de entre 16 e 30 anos a participar a través da web decide.santiagodecompostela.gal ou nas mesas presenciais en facultades e institutos.

Entre as iniciativas que xa se puxeron en marcha grazas aos orzamentos participativos destaca o Cine ao aire libre na Alameda, que foi a proposta máis votada no ano pasado. Tamén se levaron a cabo ciclos de concertos, como o das Fillas de Cassandra na Sala Capitol, ou campañas de sensibilización sobre adopción de animais. «Chamoume a atención que unha das propostas máis votadas foron cursos de primeiros auxilios. Demostra que a xuventude está moi comprometida», engadiu Rozas.

A Factoría Moza: un proxecto de 5 millóns para a mocidade

Un dos grandes anuncios da entrevista foi a creación da Factoría Moza, un espazo que se ubicará na antiga estrutura do parque comarcal de bombeiros en Salgueriños. Con un orzamento de case 5 millóns de euros, este proxecto busca converterse nun punto de referencia para a mocidade de Santiago.

«A Factoría Moza será un espazo integral con auditorio, locais de ensaio, coworking, biblioteca, espazos para cultura urbana e mesmo unha radio e un podcast», explicou a concelleira.

O Concello xa solicitou fondos europeos para financiar o proxecto e espera unha resposta cara ao final do verán.

Santiago, unha cidade de mocidade e deporte

Rozas tamén destacou o papel da xuventude na cidade, especialmente a súa vinculación coa Universidade de Santiago de Compostela (USC). Un de cada cinco composteláns é estudante universitario, polo que «Santiago non se entende sen a súa xuventude», afirmou.

Ademais, fixo referencia á Gala do Deporte, que se celebrará o próximo luns, recoñecendo a importancia do deporte base e das disciplinas minoritarias como o hóckey ou a ximnasia rítmica.

Estabilidade en Raxoi: «O noso compromiso é con Santiago, non con loitas partidarias»

A parte final da entrevista estivo marcada por unha pregunta política directa: como afecta ao goberno municipal a crise interna do Partido Socialista? Ante isto, María Rozas evitou entrar en confrontacións e apostou por unha mensaxe de estabilidade e responsabilidade. «Eu lamento o que está acontecendo no PSOE porque creo que dá unha imaxe da política que non é boa. Pero nós estamos aquí para traballar, para mellorar os servizos e impulsar proxectos para Santiago», respondeu con firmeza.

O actual goberno compostelán, formado por Compostela Aberta en coalición co BNG e con apoios puntuais do PSdeG, afronta unha situación de minoría que obriga a tecer alianzas constantes no pleno municipal. Non obstante, Rozas non ve isto como un problema, senón como unha oportunidade para facer unha política máis dialogante. «Sempre defendín que a política debe ser un espazo de diálogo. Ter que negociar cada proposta non é algo negativo, senón máis ben positivo e enriquecedor», asegurou.

A edil tamén descartou que os recentes acontecementos internos do PSdeG poidan supoñer unha ameaza inmediata para o goberno local. «Estou segura de que todos e todas seremos responsables. A cidade de Santiago está por riba de calquera outra cuestión», afirmou.

A crise do PSdeG, que provocou divisións e tensións entre os seus membros, podería alterar o equilibrio de forzas no Concello. Sen embargo, desde Compostela Aberta apostan por continuar na senda da estabilidade: «Nós imos seguir facendo o noso traballo, como ata agora, buscando acordos e apostando polo ben común da cidade», insistiu Rozas.

Con estas declaracións, a concelleira quixo trasladar unha mensaxe de tranquilidade e evitar especulacións sobre posibles cambios na gobernabilidade de Santiago. «O que nos interesa é Santiago e a súa xente. As loitas internas dos partidos son algo secundario para nós», concluíu.

A entrevista completa, no seguinte enlace.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

compostelaEntrevistamaria rozasorzamentos participativospolitica
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.