ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

O PSdeG denuncia a “parálise” dos futuros aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de junio de 2026 a las 01:10

Compartir
  • Marta Abal acúsalle ao Goberno local de incumprir os compromisos adquiridos coa oposición e de seguir sen definir un modelo de xestión para dúas infraestruturas estratéxicas para a mobilidade e o comercio da cidade.
  • A concelleira socialista denuncia que a parálise do Goberno de Sanmartín está a facer que Santiago perda oportunidades para mellorar a mobilidade, apoiar ao comercio local e ofrecer un servizo máis eficiente á veciñanza.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2026. A concelleira do Grupo Municipal Socialista Marta Abal denunciou a parálise absoluta do Goberno de Goretti Sanmartín na definición do futuro dos aparcadoiros municipais de Praza de Galicia e Praza de Vigo, unha situación que considera un novo exemplo da falta de planificación e capacidade de xestión do executivo local.

Marta Abal denunciou que “coa concesión do parking de Praza de Galicia finalizada dende hai case un ano e a da praza de Vigo que o fará en outubro”, as/os socialistas seguen a agardar pola “convocatoria da comisión” na que se deben analizar as distintas alternativas de xestión para o futuro destas infraestruturas estratéxicas para a cidade.

A edil socialista lembrou ademais que, “no pleno do pasado mes de abril e en resposta a unha iniciativa do Grupo Municipal Socialista, a concelleira responsable comprometeuse a facilitar a documentación aos grupos municipais e a convocar a comisión durante a primeira semana de maio”, porén, advertiu de que “hoxe, un mes despois da data anunciada, non se produciu ningún avance nin se ofreceu explicación algunha sobre este novo atraso”, unha situación que, ao seu xuízo, evidencia a falta de vontade do Goberno local para abordar este debate con transparencia.

Para Abal, o máis preocupante é que a cidade continúa sen dar sequera o primeiro paso nun proceso que inevitablemente levará tempo e que require análise, diálogo e planificación. A concelleira advertiu de que “seguimos perdendo tempo nun asunto clave para a cidade” cando aínda se está “falando de dar o primeiro paso que inicie o camiño ata a adopción da decisión final”.

A socialista considera que esta falta de avances está a impedir que Santiago poida aproveitar plenamente o potencial destas infraestruturas.

Neste sentido, alertou de que “cada día que pasa é unha perda de oportunidades para a cidade”, tanto desde o punto de vista da mobilidade como do apoio á actividade económica e comercial.

Abal defendeu que a definición dun novo modelo de xestión debería servir para modernizar o servizo e responder mellor ás necesidades da veciñanza e dos sectores económicos da cidade. Así, sinalou que se están perdendo “oportunidades para mellorar as infraestruturas, para adoptar tarifas máis competitivas, apoiar o comercio local e mellorar a mobilidade da veciñanza residente”, cuestións que considera fundamentais nunha zona tan sensible como o Ensanche compostelán.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por todo iso, o Grupo Municipal Socialista reclamou ao Goberno de Goretti Sanmartín que cumpra cos compromisos adquiridos e convoque de inmediato a comisión comprometida. Para Marta Abal, Santiago non pode permitirse seguir acumulando atrasos nun asunto que afecta directamente ao futuro de dúas infraestruturas estratéxicas e que require, máis que anuncios, decisións e planificación.

Etiquetas

aparcadoirospoliticapraza de galiciapraza de vigopsdgSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo

O PSdeG inaugura a súa nova sede en Oroso
Comarca

O PSdeG inaugura a súa nova sede en Oroso