ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaDestacadoNoticia LíderSociedad

XLII Festa do Viño da Ulla, menos excesos e máis culto ao viño: «As botas son agora un símbolo»

 

Líder Redacción

Líder Redacción

10 de abril de 2024 a las 16:34

Compartir

 

 

Esta fin de semana, o concello de Vedra espera duplicar a súa poboación coa celebración da XLII Festa do Viño da Ulla, agardando a visita de máis de 10.000 persoas ao recinto feiral en San Miguel de Sarandón.

As 12 adegas presentes servirán 10.000 botellas de viño da zona do Ulla promovendo a demarcación da Denominación de Orixe Rías Baixas. A festa evolucionou ao longo dos anos, pasando dunha xuntanza ligada á borracheira a un evento máis responsable, onde se fai culto a este caldo único. As míticas botas colgadas das árbores, que antes dispensaban viño a esgalla, agora permanecen como símbolo desta cita festiva, nun ambiente marcado nos últimos anos polas novas medidas sanitarias e o novo rumbo organizativo, que redunde non tanto no ocio e degustación de borracheira senon na degustación dun viño de calidade, sen tantos excesos.

O presidente da comisión organizadora, José Caldelas, e o alcalde accidental do Concello de Vedra, Manuel Costa, falaban esta mañá en Radio Líder Santiago sobre a festa do viño da Ulla que ven cardaga dunha extensa programación.

A XLII Festa do Viño da Ulla contará con varias actividades destacadas. Do 10 ao 12 de abril celebraranse as Xornadas Técnicas sobre a Cultura do Viño.  O sábado 13 de abril realizarase a II ruta de coches antigos e o domingo 14 a II ruta en moto, ambas percorrendo os viñedos da Subzona Ribeira do Ulla, con visitas a adegas e catas. Tamén haberá unha cata concurso, unha mostra de viños de 12 adegas e actuacións musicais, incluíndo música tradicional, charanga e danza urbana. A noite do sábado estará amenizada con sesión de DISCO-MOVIL e a actuación da orquestra PARÍS DE NOIA. O domingo 14 entregaranse os premios da cata concurso e nomearanse novos membros da Orde dos Amigos/as do Viño da Ulla, co pregón a cargo de Fran Cañotas. Ademais, haberá actuacións de grupos musicais como FESTICULTORES TROUPE, REBELDIA e FAMILIA CAAMAGNO, e un espazo gastronómico para degustar viño e tapas.

Tanto a organización, conformada por unha ducia de familias, como o Concello de Vedra traballan arduamente para que esta festa sexa declarada de interese turístico de Galicia, cunha solicitude presentada xa polo concello en 2017, pero aínda sen resposta institucional.

A entrevista completa con José Caldelas e Manuel Costa, no seguinte enlace.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

Entrevistafestafesta do viñoradio lider santiagoUllavedraviño
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol