ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Arte y Cultura

Vinte cantantes de sete países participarán no VI Concurso de Canto Compostela Lírica

28/11/2023.- Solistas procedentes de España, Chile, China, Letonia, México, Italia e Polonia aspiran a facerse co primeiro premio, dotado con 4000 euros, cunha actuación remunerada coa Real Filharmonía, un recital remunerado no marco do Festival Les Musicales du Luberon e un rol na temporada da Ópera de Oviedo. O Auditorio de Galicia acollerá a semifinal o venres ás 17.00 horas e dela sairán os oito finalistas que actuarán na final do sábado a partir das 20.30 horas. Ambas as dúas citas serán abertas ao público e a entrada será gratuíta.

Líder Redacción

Líder Redacción

28 de noviembre de 2023 a las 21:22

Compartir

Un total de vinte solistas procedentes de sete países participarán esta fin de semana no VI Concurso de Canto Compostela Lírica, certame único no panorama musical non só de Galicia, senón tamén do noroeste de España. Este concurso, que está organizado pola Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela dende a súa posta en marcha, ten como obxectivo promover, apoiar e difundir as carreiras incipientes no ámbito lírico de menores de 35 anos. Voces procedentes de Chile, China, Letonia, México, Italia, Polonia e España foron escollidas na selección previa entre as 72 persoas inscritas e orixinarias de 19 países diferentes. Esta vintena de cantantes actuará este venres a partir das 17.00 horas no Auditorio de Galicia fronte ao xurado do certame, que elixirá oito finalistas que se disputarán o sábado ás 20.30 horas no mesmo recinto os catro galardóns que entrega o certame. As dúas citas serán abertas ao público e de acceso libre.

«Nesta sexta edición constatamos que o Concurso de Canto Compostela Lírica consolidouse xa como unha cita de referencia para as novas voces da lírica non só en España, senón tamén a nivel internacional», destacou esta mañá Jesús Couceiro, presidente da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago, durante unha rolda de prensa na que estivo acompañado pola secretaria da entidade, Cecilia Portela, pola concelleira de Capital Cultural do Concello de Santiago, Miriam Louzao, e mais polo director xeral de Cultural da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo. Estas dúas institucións, xunto a Deputación da Coruña, fan posible cada ano a celebración do Concurso de Canto Compostela Lírica.

A concelleira de Capital Cultural, Miriam Louzao, destacou a relevancia deste concurso xa que «contribúe á difusión de Compostela nos foros líricos e operísticos a nivel estatal e internacional» e convidou a toda a veciñanza «a que se achegue á sala Mozart do Auditorio de Galicia onde será a semifinal este venres día 1 a partir das 17:00 horas e a final, o sábado, a partir das 20:30 horas».

Couceiro, na súa intervención agradeceu a implicación das administración, así como tamén a «imprescindible e entusiasta» colaboración da Fundación José Otero-Carmela Martínez, que apoia o Concurso de Canto Compostela Lírica ao financiar os galardóns, e do Consello da Cultura Galega, que patrocina o Diploma Andrés Gaos, distinción que recoñecerá a voz máis prometedora de entre as procedentes da nosa Comunidade. O presidente de Amigos da Ópera puxo este certame como exemplo «aglutinador» no ámbito cultural, un sector de enorme relevancia social que precisa da complicidade entre as institucións e a iniciativa privada para achegarlle ao público proxectos de longo percorrido como comeza a ser xa o Concurso de Canto Compostela Lírica.

Couceiro, ademais, recoñeceu a enorme dificultade para realizar a selección de vinte voces, un traballo de escolma que recaeu no xurado, quen fixo unha criba inicial a través da análise do currículo e o material audiovisual que cada participante facilita na inscrición. «Ano a ano, a calidade é cada vez máis elevada e o traballo do xurado tanto para a selección inicial como para a decisión final resulta cada vez máis complexo», concluíu Couceiro sobre un certame que, nestes anos, gañaron a andaluza Carmen Buendía (2022), a madrileña Natalia Labourdette (2021), o galego Christian Gil-Borrelli (2020), a ucraína Olga Syniakova (2019) e a romanesa Alejandra Esteban (2018).

Premios e xurado

Amigos da Ópera de Santiago repartirá 7000 euros entre as voces gañadoras nuns galardóns que virán acompañados con diplomas acreditativos e con varios recitais remunerados. Deste xeito, o primeiro premio está dotado con 4000 euros, cunha actuación coa Real Filharmonía de Galicia, cun recital no marco do Festival Les Musicales du Luberon e cun rol de temporada na Ópera de Oviedo. O segundo galardón constará de 2000 euros e unha actuación remunerada en Santiago de Compostela, mentres que o terceiro disporá de 1000 euros. Por último, as tres voces galegas que participarán esta fin de semana no concurso competirán por unha distinción a maiores: o Diploma Andrés Gaos, que inclúe unha actuación remunerada no marco das actividades do Consello da Cultura Galega.

O xurado responsable de decidir este palmarés está formado polas seguintes voces autorizadas: Patrick Canac, presidente e fundador de Les Musicales du Luberon; Elisabete Matos, directora artística do Teatro São Carlos de Lisboa; Maciej Pikulski, pianista; Victoria Stapells, crítica musical; Graziela Valceva Fierro, mezzosoprano e profesora de canto; Celestino Varela, director artística da Ópera de Oviedo, e Arturo Reverter, crítico musical encargado de presidir o xurado. Actuará como secretario, sen voz nin voto, José María Miranda Boto, membro da Xunta Directiva de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela.

RELACIÓN DE FINALISTAS

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

1. Javiera Andrea Saavedra Vera. Soprano. Chile
2. Francesca Pusceddu. Soprano. Italia
3. Irene Mariscal Cordero. Soprano. Badaxoz.
4. Rocío Faus. Soprano. Granada.
5. Joan G. Riera Mollá. Tenor. Palma de Mallorca.
6. Irene Mas. Soprano. Palma de Mallorca.
7. Lucas López López. Barítono. Vigo.
8. Rosa Gomariz. Soprano. Madrid
9. Marcelo Solís. Barítono. Málaga.
10. Judit Subirana. Mezzosoprano. Barcelona
11. Ainhoa López de Munain Isasmendi. Soprano Vitoria.
12. Miguel Ulla Berduyas. Contratenor. A Coruña
13. Zhang Shuai. Baixo. China
14. Ana Molina. Mezzosoprano. Madrid
15. Oksana Lepska. Soprano. Letonia
16. Alejandro López Hernández. Baixo. México.
17. Susana García Pico. Soprano. A Coruña
18. Paulina Bielarczyk. Soprano. Polonia
19. Celia Cuéllar. Soprano. Palma de Mallorca.
20. Laura Brasó. Soprano. Barcelona.

Etiquetas

concursoliricasantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

Andrés Torreiro (D’Obra, Melide), na loita polo mellor cociñeiro de Galicia
Actualidad

Andrés Torreiro (D’Obra, Melide), na loita polo mellor cociñeiro de Galicia

Carola, Fuego Lolita e Alta Mar actuarán o 24 de abril na Sala Sónar
Actualidad

Carola, Fuego Lolita e Alta Mar actuarán o 24 de abril na Sala Sónar

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica
Actualidad

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica