ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadEducaciónSociedad

Viaqua e ADEGA colaboran para concienciar o alumnado galego sobre a importancia da auga

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de marzo de 2025 a las 15:11

Compartir
  • O  programa Aqualoxía celebra o seu décimo aniversario tras concienciar a máis de 12.000 escolares
  • Esta nova alianza reforza o compromiso de Viaqua coa educación ambiental das novas xeracións

Santiago de Compostela, 18 de marzo.- Ás portas do Día Mundial da Auga o próximo sábado 22 de marzo, Viaqua e a organización ecoloxista ADEGA dan comezo a unha nova alianza que ten por obxectivo impulsar a educación ambiental sobre o ciclo integral da auga en centros escolares dos municipios onde Viaqua xestiona o servizo. A través de Aqualoxía, o programa educativo de Viaqua, búscase concienciar ao alumnado de 3º de primaria na importancia da auga, a súa sustentabilidade e a importancia de coidar das contornas naturais.

A primeira das actividades desenvolveuse hoxe, martes 18 de marzo, no CEIP Plurilingüe Mestre Xixirei, en Santiago de Compostela. A través de experimentos prácticos, retos e xogos, os diferente personaxes de Aqualoxía interactuaron coa cativada descubríndolles o funcionamento do ciclo integral da auga e os retos que enfronta o persoal de Viaqua na xestión das estación de tratamento que garanten unha auga limpa e segura.

O director executivo de Viaqua, Nicolás Esmorís, destacou que “o futuro da auga tamén depende da educación das xeracións máis novas. Por iso, para Viaqua é unha satisfacción contar con ADEGA para levar o programa Aqualoxía a centros escolares de toda Galicia. Queremos achegarlles aos nenos e nenas a importancia do ciclo integral da auga dun xeito práctico e divertido, para que comprendan desde pequenos a relevancia de coidar este recurso esencial e o medio que nos rodea.»

Desde ADEGA tamén sinalaron a importancia desta colaboración, que busca prolongarse no tempo para seguir fomentando hábitos de consumo responsable da auga entre a rapazada galega. Itziar Díaz, a responsable do proxecto en ADEGA, puxo en valor a educación ambiental como «unha ferramenta imprescindible» para que a cidadanía teña a información e os recursos necesarios para preservar o medio ambiente de maneira correcta. «A través deste programa, daremos a coñecer á cativada os mellores hábitos que debemos adoptar na nosa vida cotiá para manter en bo estado un recurso tan importante».

10 anos concienciado sobre a  importancia da auga

Este ano, Viaqua celebra os dez anos de Aqualoxía, o seu programa educativo dirixido a escolares dos municipios onde xestiona a auga, co que busca concienciar á rapazada sobre a importancia deste recurso vital. Dende a súa posta en marcha no 2015, máis de 12.000 nenos e nenas participaron nas máis de 500 sesións de Aqualoxía que a empresa organizou. Ao longo desta década, a metodoloxía foise adaptando ás novas tecnoloxías e circunstancias, sendo máis práctica, dixital e interactiva para achegar dun xeito divertido como funciona o ciclo integral da auga.

Grazas ao novo convenio de colaboración asinado entre ambas entidades, a equipa de educación ambiental de ADEGA será a encargada de impartir as sesións. O programa inclúe xogos, experimentos e retos adaptados ao currículo escolar para ensinar como chega a auga ás nosas casas, os tratamentos que se realizan para potabilizala e os procesos necesarios para devolvela ao medio natural sen causar dano ambiental. Ademais, no marco deste proxecto tamén se aborda a importancia da auga, a sustentabilidade e o cambio climático.

O programa Aqualoxía está aberto á participación de centros educativos dos concellos nos que Viaqua é a concesionaria do servizo de auga. As actividades son totalmente gratuítas e os centros interesados aínda están a tempo de inscribirse a través do correo electrónico comunicacion@viaqua.gal

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

No seu décimo aniversario, Viaqua reafirma o seu compromiso coa educación ambiental e continuará ampliando o alcance do programa para seguir formando ás xeracións futuras no coidado e respecto pola auga e polo medio ambiente.

Etiquetas

augacompostelaeducaciongaliciasantiagoviaqua
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

“La IA no sustituye al docente”: Antonio Reyes analiza cómo está cambiando la educación
Actualidad

“La IA no sustituye al docente”: Antonio Reyes analiza cómo está cambiando la educación