ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoSaludSociedad

Un novo avance científico da USC achega luz sobre a orixe do cancro

Un consorcio de persoal investigador coordinado desde o CiMUS da USC descobre como “fragmentos móbiles” do ADN poden alterar a arquitectura do xenoma de tumores canceríxenos

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de febrero de 2026 a las 12:13

Compartir

O estudo, publicado en Science, demostra que estes elementos móbiles son actores relevantes que poden actuar como un impulsor precoz de inestabilidade cromosómica, característica asociada a moitos tumores humanos. O descubrimento deste mecanismo de mutación xenética abre a porta a futuras investigacións para desenvolver novas terapias

Santiago, xoves 26 de febreiro de 2026. Un equipo internacional liderado polo investigador Oportunius Jose Tubío desde o Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) descubriu un mecanismo polo cal certas pezas móbiles do ADN humano poden provocar grandes reorganizacións dos cromosomas en células tumorais. O estudo confirma que estes elementos móbiles son actores relevantes que poden xerar mutación e contribuír á orixe e progresión do cancro humano, abrindo novas vías de investigación sobre futuros tratamentos. O estudo publícase en Science, unha das dúas revistas científicas máis prestixiosas do mundo.

O traballo, no que colaboraron diferentes institucións nacionais, incluído o Centro de Regulación Xenómica de Barcelona (CRG), e internacionais como a Universidade Cote d’Azur de Francia, o The Francis Crick Institute de Reino Unido e o MD Anderson Cancer Center de EEUU), céntrase nos elementos chamados LINE-1 (L1), secuencias móbiles que constitúen aproximadamente o 17% do xenoma humano. Aínda que a maioría están inactivas, algunhas copias conservan a capacidade para saltar dun lugar a outro do xenoma, de maneira que se copian para logo insertarse en novas localizacións mediante un proceso denominado retrotransposición.

“Xenes saltaríns”, responsables dunha nova arquitectura do cancro

En determinados tipos de cancro humano, esta actividade pode chegar a alterar profundamente a arquitectura do xenoma dun tumor, producindo variantes estruturais. “Estas variantes xenéticas inclúen perdas (delecións) de material xenético, duplicacións (ganancias), inversións (cambios de orientación) e translocacións, é dicir, intercambio de material xenético entre dous cromosomas”, explica Jose Tubío, autor principal do artigo. Arredor de un de cada 40–60 saltos de L1 pode nun xenoma tumoral dar lugar a unha variante estrutural.

Xenómica ao servizo da ciencia

Utilizando tecnoloxías avanzadas de secuenciación xenómica, o equipo analizou dez tumores humanos con alta actividade de L1, identificando máis de 6.400 saltos destes elementos, sucedidos durante o desenvolvemento tumoral. “Deles, 152 xeraban variantes estruturais no xenoma das células canceríxenas, un número xamais observado previamente”, sostén Sonia Zumalave, primeira autora do traballo.

Translocación recíproca

Un dos achados máis relevantes é que o equipo investigador identificou un mecanismo molecular no que o salto simultáneo, aínda que independente, de dous elementos L1 que ocorren en dous cromosomas diferentes, xeran intercambios recíprocos entre ambos os dous, dando lugar a un tipo de reordenamento estrutural chamado translocación recíproca. “É como se dúas páxinas diferentes dun libro se rompesen simultaneamente e se intercambiasen fragmentos entre si, e o elemento L1 actúa como pegamento entre ambas as dúas páxinas”, explica Bernardo Rodríguez-Martín, colaborador do estudo e investigador do CRG. Este tipo de reordenamento—que adoita ser moi relevante na aparición e desenvolvemento dalgúns tumores humanos—pasara desapercibido en estudos previos.

Os resultados mostran que aproximadamente o 65% destes eventos ocorren en fases temperás da evolución tumoral, o que suxire que a actividade de L1 pode actuar como impulsor precoz de inestabilidade cromosómica que caracteriza moitos tumores humanos.

Este traballo contou co apoio da Asociación Española Contra el Cáncer, a Fundación ”la Caixa”, o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e a Xunta de Galicia.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A investigación levouse a cabo no CiMUS, un centro con financiamento estrutural competitivo, incluíndo a acreditación María de Maeztu (CEX2024-001463-M) financiada por MICIU/AEI/10.13039/501100011033; o apoio da Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia a través da Rede CIGUS de Centros de Investigación (ED431G/2023/02); e o co financiamento da Unión Europea mediante o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Etiquetas

cancrocienciacimusgaliciainvestigacionsanidadesaudeusc
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala

Acougo busca familias para un proxecto pioneiro de acollemento familiar en Galicia
Actualidad

Acougo busca familias para un proxecto pioneiro de acollemento familiar en Galicia