ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Teo coordina coa Policía Local e a Garda Civíl do Milladoiro as medidas para reforzar a seguridade

O Concello coordina coa Policía Local e a Garda Civíl do Milladoiro as medidas a levar a cabo no municipio para reforzar a vixilancia e a seguridade, co fin de asegurar unha convivencia pacífica en todos e cada un dos barrios do concello. Así, a alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, mantivo unha reunión no Consistorio con membros de ambos efectivos policiais. 

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de junio de 2024 a las 19:56

Compartir

Tras os roubos rexistrados nos últimos meses en Teo, a alcaldesa solicitou unha maior presenza destes efectivos para actuar como medida disuasoria ante calquera tentativa, primando a seguridade nas 13 parroquias. Así mesmo, a rexedora municipal tamén avanzou que se está estudando aumentar a seguridade e vixilancia polas noites da fin de semana por parte dos efectivos locais. Unha petición moi demandada pola veciñanza e que ata o de agora non fora posible levar a cabo porque nos últimos anos non se convocaron novas prazas de policía local. 

Porén, coa aprobación do orzamento para o ano 2024, o Concello si reforzará a Policía Local, pasando das 9 ás 11 prazas. De feito, aprobouse no Pleno delegar na Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia as competencias relativas á convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos para o acceso ás diferentes categorías do seu corpo de Policía Local, incluídas as prazas de auxiliares de Policía Local. Desta forma, será a Academia Galega de Seguridade Pública quen se encargue desta cuestión.

Esta proposta de Alcaldía foi fundamentada na Lei 4/2007, de coordinación de policías locais, onde se establece que a propia Xunta de Galicia poderá asumir a convocatoria das prazas vacantes e, de ser o caso, a formación e o período de prácticas naqueles concellos que así o acorden mediante os oportunos convenios de colaboración.

Neste senso, cabe sinalar que nos últimos anos non se convocaron novas prazas de Policía Local no municipio de Teo, sendo nove as prazas ocupadas ata o de agora. Porén, tendo en conta a poboación censada por quilómetro cadrado, é máis que necesario incrementar o número de efectivos locais. Unha cuestión na que o Goberno teense está traballando para que sexa unha realidade o antes posible. De feito, o Concello iniciou unha rolda de contactos coas asociacións de veciños para tratar todas estas cuestións.

Etiquetas

radio lider santiagoseguridadeteo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Policía Nacional incorporará 40 axentes para reforzar a seguridade en Santiago
Destacado

A Policía Nacional incorporará 40 axentes para reforzar a seguridade en Santiago

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo
Comarca

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock