Teo coordina coa Policía Local e a Garda Civíl do Milladoiro as medidas para reforzar a seguridade
O Concello coordina coa Policía Local e a Garda Civíl do Milladoiro as medidas a levar a cabo no municipio para reforzar a vixilancia e a seguridade, co fin de asegurar unha convivencia pacífica en todos e cada un dos barrios do concello. Así, a alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, mantivo unha reunión no Consistorio con membros de ambos efectivos policiais.



