ProgramasParrillaAgendaFarmaciasPlaza PúblicaEquipoPublicidadContacto
vive.galvive.gal
Al DíaComarcaPolíticaSociedadDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidad, radio y cultura de Santiago y su comarca.

RSS Podcast

Radio

  • La Radio
  • Programas
  • Parrilla
  • Agenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Secciones

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidad
  • Sociedad

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidad
  • Cookies
  • Contacto
  • Trabaja con nosotros

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desarrollado por GestSiete.es

ActualidadDestacadoOnda ChichaSociedad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

Líder Redacción

Líder Redacción

2 de junio de 2026 a las 17:22

Compartir
  • Onda Chicha, a iniciativa impulsada por Chichalovers e Radio Líder Santiago para apoiar novas bandas e proxectos musicais, celebrará o 13 de xuño unha gran final con actuacións de Fuego Lolita, WhyNot? e Skadelos, gastronomía local e un premio profesional para a banda gañadora

A Sala Capitol de Santiago acollerá o próximo 13 de xuño o Chichafest, a gran final da primeira edición do Onda Chicha, un proxecto nacido para impulsar e dar visibilidade ao talento musical emerxente galego.

O festival reunirá sobre o escenario a Fuego Lolita, WhyNot? e Skadelos, as tres bandas finalistas seleccionadas tras varios meses de concurso entre proxectos procedentes de diferentes puntos de Galicia. Ao longo deste tempo, Onda Chicha consolidouse como unha plataforma de apoio á creación musical emerxente, xerando unha comunidade arredor da cultura, a música e o territorio.

A xornada arrancará ás 13:00 horas en formato sesión vermú e converterá a Sala Capitol nun punto de encontro para artistas, público e profesionais do sector musical. Ademais dos concertos, un xurado profesional escollerá durante o evento a banda gañadora desta primeira edición, que recibirá como premio a gravación dun EP nos estudos Garaxeland, unha oportunidade destinada a impulsar o desenvolvemento profesional do proxecto seleccionado.

Máis aló da música, o Chichafest incorporará unha ampla proposta gastronómica centrada no produto local e de proximidade. O espazo gastro estará protagonizado por produtores participantes en A Paisaxe que Sabe, iniciativa da Deputación da Coruña que promove a excelencia agroalimentaria da provincia. Os asistentes poderán degustar diferentes elaboracións e produtos de quilómetro cero nun ambiente pensado para celebrar a cultura galega en todas as súas expresións.

O festival contará tamén cunha barra especial de Chichalovers, que presentará unha edición exclusiva da súa coñecida “chicha” creada especificamente para a ocasión, ademais doutras propostas gastronómicas e diversas sorpresas para o público asistente.

O CHICHAFEST servirá tamén para celebrar o segundo aniversario de Chichalovers, entidade impulsora do proxecto Onda Chicha, nun evento que busca consolidarse como unha cita de referencia para a música emerxente e a promoción do produto local galego.

As entradas xa están dispoñibles a través da web da Sala Capitol.

PROGRAMA

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

12:30 h – Apertura de portas
13:00 h – Presentación do Onda Chicha
13:30 h – Sesión vermú e espazo gastronómico
15:00 h – Concertos de Fuego Lolita, WhyNot? e Skadelos
18:00 h – Fin do evento

Etiquetas

ChichaFestchichaloversfuego lolitaOnda Chicharadio lider santiagoSkadeloswhy not?
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita: do local de ensaio a gañar a sétima convocatoria de Onda Chicha e actuar no Festigal
Actualidad

Fuego Lolita: do local de ensaio a gañar a sétima convocatoria de Onda Chicha e actuar no Festigal

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha