ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaSalud

Teo completa a cobertura de todas as prazas sanitarias dos seus centros de saúde

 

Líder Redacción

Líder Redacción

6 de febrero de 2024 a las 18:19

Compartir

 

 

  • En marzo cubrirase de forma fixa a praza de pediatra en Cacheiras, por concurso de méritos que levou a cabo o Servizo Galego de Saúde, coa finalidade de diminuír o déficit de persoal sanitario de diversas especialidades
  • Esta incorporación súmase á cobertura da praza de medicina de familia no centro de Cacheiras, tamén por concurso de méritos
  • O cadro actual de persoal sanitario ten previsión de aumentarse cando se completeo novo centro de saúde proxectado para a zona da Ramallosa

Teo (A Coruña), 6 de febreiro de 2024.- O Concello de Teo completa a cobertura de todas as prazas sanitarias dos seus centros de saúde, ao incorporarse este mes de marzo a nova pediatra de atención primaria no Centro de Saúde de Cacheiras, reforzando así o servizo no municipio na quenda de tarde de forma permanente.

Trátase da cobertura de praza por concurso de méritos que levou a cabo o Servizo Galego de Saúde, coa finalidade de diminuír o déficit de persoal sanitario de diversas especialidades. Neste senso, cabe sinalar que a dita praza estaba sendo cuberta desde o pasado mes de novembro por un pediatra interino, logo da baixa da anterior profesional.

Ademais, cabe destacar tamén que a comezos deste mes se cubriu tamén a praza que estaba vacante de medicina de familia no centro de Cacheiras, tamén por concurso de méritos. Así, con estas novas dúas incorporacións, a asistencia sanitaria de Teo contará a partir de marzo co seu cadro de persoal completo: nove médicos de familia, dous pediatras, dez enfermeiras e unha matrona.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Este cadro de persoal ten previsión de aumentarse cando se complete o novo centro de saúde proxectado para a zona da Ramallosa, que permitirá prestar servizos bucodentais no termo municipal de Teo, con espazo para incorporar un odontólogo e un hixienista dental, así como persoal de farmacia ou de enfermaría especialista en pediatría. Este novo centro foi acordado mediante convenio entre Concello e Xunta o pasado marzo e, neste momento, ambas administracións están completando os trámites para a cesión da parcela á Xunta e a licitación do proxecto arquitectónico do novo edificio.

Etiquetas

comarcasanidadeteo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O BNG apoia a concentración en defensa dunha sanidade pública digna no Barbanza
Comarca

O BNG apoia a concentración en defensa dunha sanidade pública digna no Barbanza

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo
Comarca

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo

Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas para promocionar os negocios locais
Comarca

Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas para promocionar os negocios locais

O PSdeG acusa á Xunta de Rueda de “castigar a calidade educativa” en Santiago
Actualidad

O PSdeG acusa á Xunta de Rueda de “castigar a calidade educativa” en Santiago