ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Comarca

Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas para promocionar os negocios locais

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de mayo de 2026 a las 23:45

Compartir
  • Será o domingo, 24 de maio, na explanada da Casa Común de Oza en horario de 11.00 a 22.00 horas
  • Ademais de postos de negocios asociados e convidados, como é o caso de Arteneo, tamén haberá obradoiros infantís de ourivaría e de madeira, así como inchables gratuítos e zona gastronómica
  • Dende a Asociación Empresarial de Teo destacan que o principal obxectivo desta iniciativa é concienciar ao público en xeral da importancia do tecido empresarial do concello

Teo (A Coruña), 19 de maio de 2026.- O Concello de Teo colabora coa Asociación Empresarial de Teo (AETeo) na celebración da I Feira de Empresas teenses, que terá lugar este domingo, 24 de maio, na explanada da Casa Común de Oza, en Ribas. O obxectivo é poñer en valor o tecido empresarial do municipio e achegar á veciñanza de Teo e dos municipios da contorna a diversidade de negocios e servizos existentes no concello.

A feira, que se desenvolverá en horario de 11.00 a 22.00 horas, contará cun amplo programa de actividades pensado para todos os públicos. De feito, ademais de postos de negocios asociados e convidados, como é o caso de Arteneo, tamén haberá obradoiros infantís de ourivaría e de madeira, así como inchables gratuítos e zona gastronómica.

A programación tamén inclúe diferentes actuacións ao longo de todo o día, entre elas a da Asociación Cultural Rosalía de Castro e a da Asociación Cultural A Carrabouxa. A sesión vermú e a festa da tarde-noite correrá a cargo da orquestra Eureka.

Dende a organización destacan que o principal obxectivo desta iniciativa é concienciar ao público en xeral da importancia do tecido empresarial do concello. Baixo o lema “Que a actividade económica do teu concello siga adiante, depende tamén de ti! Somos parte de ti e ti parte de nós”, esta feira nace coa intención de converterse nun punto de encontro entre empresas, asociacións e público en xeral do concello de Teo e de toda a contorna

Etiquetas

I Feira de Empresasteo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo
Comarca

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo

Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa, fillos adoptivos do municipio de Teo
Comarca

Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa, fillos adoptivos do municipio de Teo

STOP Planta de Residuos de Cacheiras reúnese coa Subdirección Xeral e alerta dos impactos do proxecto
Comarca

STOP Planta de Residuos de Cacheiras reúnese coa Subdirección Xeral e alerta dos impactos do proxecto

Lucía Calvo de la Uz: “Como veciña, tampouco quero o xestor de residuos en Cacheiras”
Comarca

Lucía Calvo de la Uz: “Como veciña, tampouco quero o xestor de residuos en Cacheiras”