ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoPolítica

O PSdeG acusa á Xunta de Rueda de “castigar a calidade educativa” en Santiago

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de mayo de 2026 a las 13:21

Compartir
  • Aitor Bouza levará ao Parlamento a situación do IES do Sar tras escoitar á comunidade educativa e denuncia a falta de resposta da Xunta ante o aumento do alumnado.
  • Os socialistas reclaman tamén investimentos en infraestruturas para dar resposta ao crecemento da matrícula nun centro de referencia da cidade.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2026. O secretario xeral do PSdeG de Santiago e deputado autonómico, Aitor Bouza, anunciou que o Grupo Socialista levará ao Parlamento de Galicia a situación do IES do Sar tras manter unha xuntanza coa súa comunidade educativa, na que puideron coñecer de primeira man as necesidades dun centro que cualificou como “de referencia” na cidade.

Bouza destacou que o instituto experimentou nos últimos anos un importante incremento de alumnado, “reflexado nos datos da matrícula dos últimos cursos escolares”, unha evolución que, segundo advertiu, non foi acompañada polos recursos necesarios. Neste sentido, denunciou que “o que non se veu correspondido foi o aumento da plantilla do profesorado”, o que está a provocar unha situación de desequilibrio.

O deputado socialista alertou de que esta falta de profesorado está a xerar unha “descompensación” no funcionamento do centro, xa que implica “menor profesorado para maior alumnado”, unha realidade que, ao seu xuízo, repercute directamente na calidade do ensino. Así, criticou o modelo da Xunta ao sinalar que “ese menos con menos que quere facer a Xunta de Galicia nunca sae ben”.

Neste contexto, Bouza advertiu de que “o que padece ao final eses recortes educativos son os alumnos e as alumnas, a calidade educativa”, e subliñou que esta situación é consecuencia dunha falta de planificación por parte do Goberno galego, en liña coas denuncias reiteradas polo PSdeG sobre a falta de recursos no sistema educativo .

O dirixente socialista asegurou que o seu grupo actuará tras escoitar as demandas da comunidade educativa e avanzou que esixirán “ao señor Rueda que non castigue ao alumnado e que non merme a calidade educativa”, reclamando a incorporación dos profesionais necesarios para garantir unha atención axeitada.

Así, anunciou que os socialistas presentarán iniciativas para que a Xunta se comprometa a dotar ao centro do profesorado necesario de cara ao vindeiro curso escolar, co obxectivo de que “se poidan realizar todas esas labores docentes da mellor forma posible”.

Ademais da cuestión do persoal, Bouza explicou que durante a xuntanza tamén se abordaron as necesidades en materia de infraestruturas, derivadas precisamente do incremento da matrícula, polo que o deputado socialista esixiu que a Xunta inclúa nos orzamentos unha partida específica para acometer as ampliacións necesarias no centro, lembrando que se trata dunha competencia autonómica e advertindo de que “aquí non lle poden botar un balón a outra administración pública”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Para concluír, Bouza fixo un chamamento ao compromiso do Goberno de Rueda coa cidade e co sistema educativo público, e reiterou que esixirán “ao señor Rueda que se comprometa con Compostela, co alumnado de Compostela e tamén cun instituto de referencia como é hoxe o do Sar”.

Etiquetas

politicapsdg-psoesanidadeSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago