ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoNoticia Líder

«Se eu fose alcalde…»: Verea expón solucións para a seguridade, a vivenda e o transporte en Santiago

 

Líder Redacción

Líder Redacción

15 de enero de 2025 a las 18:40

Álvaro Veiga e Borja Verea nos estudios de Radio Líder en Santiago

Compartir
  • O líder dos populares composteláns analiza con Álvaro Veiga en Radio Líder a situación política, social e económica de Santiago

No marco dunha extensa entrevista en Radio Líder Santiago, o líder do Partido Popular na capital galega, Borja Verea, realizou unha análise pormenorizada da situación política, social e económica da cidade. A través dun discurso crítico pero propositivo, abordou cuestións como os orzamentos municipais, o estado do transporte público, a seguridade cidadá e a vivenda, ofrecendo alternativas concretas para os principais problemas que, segundo el, afectan aos composteláns.

Para Verea, os orzamentos municipais de 2025 representan unha continuación do inmobilismo político que, asegura, caracteriza aos gobernos do PSdeG, BNG e Compostela Aberta. “Os orzamentos non poden quedar en titulares; hai que executalos,” afirmou, sinalando que os compromisos adquiridos no pasado non se materializaron. Ademais, cuestionou o impacto destas partidas no día a día da cidadanía: “¿En que notaron os veciños o avance grazas a estes orzamentos? En nada.”

Como solución, propuxo unha maior planificación e execución efectiva das partidas, co obxectivo de que os recursos municipais teñan un impacto directo na mellora da calidade de vida dos veciños. “O orzamento é a principal ferramenta política para transformar unha cidade, pero aquí queda en promesas baleiras,” lamentou.

O transporte público foi un dos aspectos máis criticados por Verea, que o cualificou como “terceiro mundista.” Segundo el, o atraso na renovación do contrato de autobuses, que supera xa unha década, é unha das maiores carencias da xestión local. “Temos un dos peores transportes públicos de España; non sabemos cando vai chegar un autobús ou canto vai tardar,” denunciou.

Entre as súas propostas destacou a renovación urxente da flota de autobuses, a mellora das rutas e a implementación de sistemas de información dixital que permitan aos usuarios coñecer os horarios en tempo real. “É inadmisible que en pleno 2025 Santiago teña un transporte que non responde ás necesidades básicas dos cidadáns,” asegurou.

Outro dos temas centrais foi a inseguridade nos barrios composteláns, especialmente en zonas como Galeras ou Santa Marta, onde os roubos e hurtos se teñen multiplicado. Verea acusou ao goberno local de negar o problema e de non tomar medidas contundentes. “Os roubos non son casos illados, son unha realidade que os veciños perciben cada día,” sinalou.

Para combater esta situación, expuxo un plan integral que inclúe o reforzo da presenza policial, a instalación de cámaras de seguridade e a mellora da iluminación pública. “A falta de luz en moitas rúas da cidade dá impunidade aos delincuentes; isto hai que revertilo,” engadiu. Ademais, propuxo actuar de forma rápida e contundente contra os narcopisos que, segundo el, xeran un ambiente de criminalidade e inseguridade nos barrios afectados.

En materia de vivenda, Verea apostou pola creación dun banco público de vivendas xestionado polo Concello, orientado a apoiar sectores vulnerables como xente nova, maiores e familias con rendas baixas. “A vivenda pública é unha ferramenta fundamental para garantir o acceso a un fogar digno,” afirmou. Ademais, criticou o modelo actual de control de prezos, que cualificou de pouco eficaz, e insistiu na necesidade de investir en vivenda social.

Por outra banda, denunciou a instalación de paneis antirruído en Laraño, unha medida que, segundo el, “encaixoa os veciños e non soluciona os problemas reais.” Explicou que, de ser alcalde, buscaría alternativas dialogando cos afectados e esixindo solucións ás administracións competentes.

Verea pechou a súa intervención cun chamamento ao cambio político en Santiago, advertindo que a cidade precisa unha xestión máis eficiente e orientada aos intereses dos cidadáns. “Santiago merece gobernantes que executen proxectos reais, que melloren a calidade de vida e que respondan aos problemas do día a día,” concluíu.

Tes a entrevista completa, no seguinte enlace.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

borja vereacompostelaEntrevistapoliticappsantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo