ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolíticaSociedad

Santiago promove o Consello Municipal de Mocidade «inactivo desde hai máis dunha década»

07/05/2024 A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude vén de publicar o novo regulamento de funcionamento interno do Consello Municipal de Mocidade, que actualiza a normativa vixente do ano 2001. A concelleira María Rozas explicou que o obxectivo é «adaptar este órgano non só ás novidades lexislativas senón tamén á realidade social actual, máis heteroxénea e na que existen novas canles de participación que non tiñamos hai 20 anos». Nese sentido, salientou que o Centro Xove da Almáciga contará cun papel destacado no órgano, no que tamén terán máis presenza as entidades e asociacións de tempo libre, os centros educativos e a Universidade.

Líder Redacción

Líder Redacción

7 de mayo de 2024 a las 19:10

Compartir

A tenenta de alcadesa lembrou que «impulsar a participación cidadá é un dos obxectivos que nos marcamos ao comezo do mandato, e por iso estamos recuperando a actividade dos Consellos Municipais, mesmo daqueles que levaban máis tempo sen reunirse». No caso do de Mocidade, que non se convocou desde hai máis dunha década, María Rozas salientou que «partíamos dun regulamento que está a piques de cumprir 23 anos, e que consideramos que non é acaído á realidade actual». Ademais, apuntou, era preciso adaptar tamén o Consello á nova lexislación, en particular á Lei da Xuventude de Galicia de 2012. O obxectivo do órgano é «ser espazo de encontro e coordinación entre o Concello e a mocidade compostelá, para favorecer a súa participación activa na vida pública e para canalizar as súas demandas e intereses». Para María Rozas, «é evidente que os mozos e mozas teñen interese en expresárense e en ter voz, tal e como quedou acreditado coa alta participación no proceso dos Orzamentos Participativos, e a nosa vontade é a de darlle as ferramentas que precisan para iso».

Composición máis heteroxénea

A principal novidade do novo regulamento tén que ver coa composición do Consello Municipal de Mocidade, «xa que se lle outorga un papel máis relevante aos centros educativos, nas etapas de secundaria, bacharelato e formación profesional; así como á Universidade, para que a mocidade que reside e fai vida en Santiago por estudar na USC tamén estea representada».
Así, o Consello contará cun mínimo de cinco vogalías exercidas por mozos e mozas con idades a partir de 14 anos escolarizados en 3º da ESO e cursos posteriores de secundaria, bacharelato ou formación profesional. Cada centro educativo elixirá unha persoa representante e cando menos unha suplente, pero as vogalías electas por esta cota non exercerán como representantes do centro senón da súa franxa de idade ou do barrio. En canto á Universidade, fará parte do Consello a través dunha persoa designada en representación do órgano de goberno da USC e doutra designada en representación do Consello do Estudantado.

Ademais, haberá un máximo de catro vogalías exercidas por representantes de entidades, asociacións e colectivos xuvenís inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Santiago, e tamén será designada unha persoa en representación da comunidade usuaria do Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga, «como espazo referente das políticas municipais de mocidade». No regulamento vixente, prevíanse oito vogalías para representantes de asociacións xuvenís, dúas para representantes propostos polos consellos escolares, e unha última escollida entre a rede de puntos de información xuvenil.

A composición do Consello Municipal de Mocidade complétase cunha persoa en representación de cada un dos grupos políticos con representación na Corporación Municipal; a presidencia que ocupará a alcaldesa ou a concelleira de Xuventude; a vicepresidencia, que será ocupada de xeito rotatorio por unha das vogais; e a secretaría, que lle corresponderá á persoa que exerce a secretaría xeral do Pleno ou a persoa na que delegue.

Sesións públicas

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Outra das novidades do novo regulamento é que establece que as sesións do Consello Municipal de Mocidade serán abertas á participación pública, con voz pero sen voto, de todas as persoas con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos. O obxectivo, explicou María Rozas, «é contar con máis perspectivas nos asuntos que lle interesan á xuventude, para que os debates sexan máis enriquecedores». O regulamento establece que o Pleno do Consello se reúna en sesión ordinaria con carácter semestral, así como que poida acordar a constitución de comisións de traballo temporais ou permanentes para estudar os asuntos que son competencia do órgano e facer propostas de actuación.
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude explicou que a proposta de novo regulamento será publicada hoxe no Portal de Transparencia, e someterase a exposición pública. Unha vez resoltas as posibles alegacións, deberá ser aprobado polo Pleno da Corporación.

Etiquetas

compostelaconsello municipal de mocidademocidaderadio lider santiagosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha