ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoTurismo

Santiago lanza un plano ilustrado para desconxestionar o turismo no casco histórico

21/08/2024 O plano inclúe 20 atractivos de Compostela fóra do Casco Histórico para animar ás persoas que nos visitan a que amplíen a súa visita máis alá da Améndoa.

Líder Redacción

Líder Redacción

21 de agosto de 2024 a las 22:13

Compartir

«Compostela e moito…máis. Descúbrea», deste modo preséntase o novo plano ilustrado que vén de deseñar o Concello de Santiago de Compostela con dous obxectivos complementarios: por unha banda, para animar ás persoas que fan o Camiño de Santiago, turistas e excursionistas a que coñezan os múltiples atractivos cos que conta a cidade máis alá da cidade histórica; e, por outra banda, para incrementar a estadía media na cidade ao dar máis razóns para quedar e descubrir diferentes recursos en Compostela.

Este novo plano ilustrado intégrase como un elemento destacado dentro da Campaña Fráxil deste verán, xa que informa visualmente da súa mensaxe fundamental: Santiago de Compostela é unha cidade Patrimonio da Humanidade, que as persoas que nos visitan teñen o dereito a gozar, pero que tamén teñen a obriga de coidar. Neste sentido, é un paso máis cara o obxectivo de transformar o modelo turístico da cidade nun modelo de turismo consciente e responsable.

O plano presenta 20 lugares destacados do termo municipal que se atopan máis alá da cidade histórica e que paga a pena visitar, entre os que se atopan a Senda Mitolóxica do Monte Viso, a Colexiata de Sar , o Parque de Belvís, o Parque de San Domingos de Bonaval, o Auditorio de Galicia, o Paseo Fluvial do Sarela e o recente Miradoiro das Estrelas do Monte Pedroso.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O plano incluirase dentro do material informativo co que contarán as cinco parellas que informarán diariamente sobre a campaña Fráxil a partir deste venres e durante 45 días nas catro entradas do Camiño de Santiago na cidade, así como nos principias puntos de concentración de turistas e visitantes na cidade histórica, en especial nas catro prazas que rodean a Catedral.

Etiquetas

compostelaplanoradio lider santiagosantiagoturismo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Nueva York y mucho más: Infinita Viajes analiza las nuevas conexiones desde Santiago
Actualidad

Nueva York y mucho más: Infinita Viajes analiza las nuevas conexiones desde Santiago

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock