ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadNoticia LíderSociedadTurismo

Nova York e moito máis: Infinita Viaxes analiza as novas conexións desde Santiago

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de junio de 2026 a las 23:41

Compartir
  • O responsable de Infinita Viaxes analiza o impacto da nova ruta directa Santiago-Nova York, repasa as novas conexións aéreas desde Galicia e avanza os grandes proxectos internacionais da axencia para 2027.

A reapertura do aeroporto de Santiago de Compostela tras as obras de mellora da súa pista chegou acompañada dunha noticia largamente agardada: o estreno do voo directo entre a capital galega e Nova York. Unha conexión operada por United Airlines que, para o sector turístico, supón moito máis que unha nova ruta internacional. Así o explicou Roberto Horta, responsable de Infinita Viaxes, durante unha entrevista en Radio Líder Santiago na que repasou o presente e o futuro dos viaxes desde Galicia.

Horta destacou o simbolismo do momento e a importancia estratéxica desta conexión, especialmente para un territorio marcado polo Camiño de Santiago e polo crecente interese do turismo estadounidense. «É o primeiro voo Nova York-Santiago sen escaleiras. É un día que o merecía e un acontecemento moi importante para o aeroporto.»

Segundo explicou, aínda que as primeiras ocupacións rondan o 70%, as previsións para os meses fortes do verán son moi optimistas. A axencia leva tempo recomendando aos seus clientes reservar con antelación e aproveitar os meses de xuño e setembro, cando as tarifas son máis competitivas e as temperaturas na cidade estadounidense resultan máis agradables. «Levámonos tempo avisando á xente para que reserve con antelación. Xuño e setembro son os meses perfectos.»

Pero Roberto Horta insiste en que esta ruta vai moito máis alá de Nova York. Grazas á rede de conexións de United Airlines, os viaxeiros galegos poderán enlazar desde a Gran Manzana con numerosos destinos do continente americano. «Non só vas a Nova York, podes conectar con moitos destinos de Estados Unidos e incluso Centroamérica.»

Nova York, un destino que engancha

Durante a conversa, Horta compartiu tamén a súa experiencia persoal na cidade, describíndoa como un daqueles lugares capaces de sorprender incluso aos viaxeiros máis experimentados. «Cada recuncho recorda a unha película. Todo é cine alí.»

O responsable de Infinita Viaxes confesou que durante a súa estancia apenas utilizou o metro para non perderse ningún detalle das súas rúas, edificios e escenarios icónicos. «Eu non quería ir en metro porque quería ver cada rúa e cada esquina.»

Entre as visitas imprescindibles recomendou a Estatua da Liberdade, Ellis Island, o Empire State Building e o observatorio Top of the Rock, ademais de recorrer lugares emblemáticos ligados ao cine e ás series. «As mellores vistas de Nova York están no Empire State e no Rockefeller. Son dúas visitas imprescindibles.»

Viaxar máis alá da política

Un dos temas que tamén abordou foi a percepción que algúns viaxeiros teñen sobre Estados Unidos debido á situación política actual. Roberto Horta recoñeceu que existe certo recelo, pero defendeu separar a experiencia turística das circunstancias políticas.»Non podemos levalo todo á política. Ti non vas a pelexarte con Trump; vas a gozar do paisaxe, da cultura e da xente.»

De feito, asegurou que a súa experiencia persoal en Estados Unidos foi especialmente positiva. «Cando estiven en California non vin xente máis amable.»

Santiago amplía o seu mapa de destinos

Máis alá de Nova York, o responsable de Infinita Viaxes repasou as novas conexións que están reforzando o papel do aeroporto compostelán. Destacou especialmente a chegada da nova ruta con Ámsterdam operada por KLM, que facilitará enlaces cara a numerosos destinos asiáticos. «KLM abriunos moitas posibilidades porque vai conectar con medio mundo.»

Tamén puxo en valor a aposta de Vueling por Santiago, con novas rutas a Valencia, Marrakech, Xerez e Ibiza, ademais do incremento de aeronaves baseadas no aeroporto.

No caso de Marrakech, Horta quixo romper algúns tópicos asociados ao destino. «Mucha xente pensa que está no medio do deserto e que só hai riads, pero ten grandes hoteis todo incluido e é un destino vacacional moi completo.»

Mirando xa cara a 2027

Aínda que o verán aínda non comezou, Infinita Viaxes xa traballa na súa programación para o próximo ano. Entre os proxectos máis destacados figura unha saída especial a Exipto durante a Semana Santa de 2027 con voo directo desde Santiago. «Temos un Exipto directo desde Santiago para Semana Santa e creo que as prazas van voar.»

Ademais, a axencia prepara novos viaxes organizados a Sudamérica e Asia, con Brasil como unha das grandes apostas. «Brasil é a miña maior aposta agora mesmo para o ano que vén.»

Turquía, Sicilia, Noruega ou a Toscana completan unha oferta de viaxes acompañados que, segundo explicou, está rexistrando unha gran acollida entre quen desexan viaxar en grupo.

Unha reivindicación para o futuro do aeroporto

A entrevista rematou cunha reflexión sobre o papel estratéxico do aeroporto compostelán para o turismo e a economía galega. Roberto Horta fixo un chamamento ás institucións e á cidadanía para seguir apoiando o seu crecemento, especialmente ante a proximidade do próximo Ano Santo. «Hai que loitar polo aeroporto porque é a nosa porta de entrada.»

Para o responsable de Infinita Viaxes, consolidar novas rutas internacionais e reforzar as conexións existentes será clave para manter o dinamismo turístico de Galicia nos vindeiros anos.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

agencia de viajesinfinita viajesSantiago de Compostelaturismo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago