ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacado

Santiago envía cinco bombeiros e 35 toneladas de produtos a Valencia

04/11/2024 Cinco bombeiros do Servizo Municipal de Extinción de Incendios viaxarán a Valencia, no marco do dispositivo de apoio ás persoas afectadas pola DINA coordinado pola Xunta. Ademais, nos próximos día completarase o envío das 35 toneladas de produtos recollidos nas instalacións de Protección Civil no estadio Vero Boquete de San Lázaro.

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de noviembre de 2024 a las 21:10

Compartir

Os bombeiros de Santiago viaxarán a Valencia con material para participar no operativo de emerxencias despregado nas zonas máis afectadas pola DINA. O xefe do Servizo Municipal de Extinción de Incendios comunicou a dispoñibilidade dos cinco efectivos na reunión con representantes da Xunta, a Delegación do Goberno en Galicia, a FEGAMP, as catro deputacións provinciais e os responsables dos diferentes servizos provinciais e municipais de emerxencias coordinada polo Goberno galego para orgaizar o envío de apoio a Valencia.

Envío de produtos recollidos por Protección Civil

Ademais de colaborar con efectivos de bombeiros, o Concello de Santiago está ultimando o envío de todos os produtos de primeira necesidade recollidos nas dependencias de Protección Civil desde a tarde do venres. En total, a veciñanza de Compostela entregou 35 toneladas de alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene persoal, e outro material, atendendo á petición que formulara a Federación Española de Municipios y Provincias.

Esta mañá partiu cara Valencia un camión con parte dese material, que se suma ao que xa foi entregado na sede de Protección Civil da localidade de Almussafes, desde onde se está a organizar o reparto para as persoas afectadas pola DINA. Quedan pendentes de envío ao redor de seis toneladas de produtos de primeira necesidade, que partirán tamén nos próximos días cara Valencia.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O Concello, atendendo ás recomendacións da FEMP, suspendeu onte a recollida de produtos, e queda á espera das indicacións da Federación Española de Municipios e Provincias. No operativo de recollida participaron 15 persoas voluntarias de Protección Civil, que traballaron de maneira incansable na recollida, clasificación e empaquetado de todo o material entregado pola veciñanza de Compostela.

Etiquetas

composteladana valenciasantiagosolidariedade
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A gastronomía e a solidariedade volven darse a man en Negreira
Actualidad

A gastronomía e a solidariedade volven darse a man en Negreira

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»
Destacado

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica
Actualidad

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica