ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoNoticia LíderSociedadTurismo

Santiago debate a implantación da taxa turística: vantaxes, riscos e dilemas sociais

A implantación dunha taxa turística en Santiago de Compostela foi o centro da tertulia política emitida en Radio Líder Santiago, onde Ramón Quiroga, Rubén Cela, María Vilas e Paco Reyes analizaron os retos e oportunidades desta medida.

Líder Redacción

Líder Redacción

10 de diciembre de 2024 a las 12:20

Compartir

Ramón Quiroga: «Non somos Barcelona nin Palma de Mallorca»

Ramón Quiroga, exviceportavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, foi contundente ao rexeitar a taxa turística na súa configuración actual. Para Quiroga, «Santiago é unha cidade de 100.000 habitantes que non pode ser comparada con destinos como Barcelona» e advertiu contra o que considera un «falso debate» sobre a turismofobia. Propuña, no seu lugar, «medidas preventivas como regular os fluxos turísticos, poñer máis guías e mellorar a ordenación antes de aplicar unha taxa.»

Rubén Cela: «A taxa turística é necesaria e xusta»

O exportavoz municipal do BNG, Rubén Cela defendeu que os turistas deben contribuír aos custos que xeran para a cidade. «Hai veciños de Santiago que non se benefician directamente do turismo, pero que pagan impostos para cubrir gastos como a limpeza ou a seguridade,» afirmou. Cela destacou ademais que Santiago é un destino turístico inelástico: «Ninguén deixará de visitar Santiago porque cobre un euro por noite.» O exvoceiro do BNG propuxo tamén unha regulación autonómica para garantir a equidade: «Sería lóxico un sistema centralizado a nivel galego como o canon eólico.»

María Vilas: «Hai temas máis urxentes para Santiago»

María Vilas, de exdeputada de Ciudadanos no Congreso, puxo o foco nas prioridades esquecidas da cidade. «Santiago leva anos á deriva, sen un proxecto claro de cidade,» criticou. Aínda que non descartou a medida, pediu prudencia: «Non somos Madrid nin Granada. É imprescindible saber para que se vai destinar o recadado e garantir que reverta nos cidadáns.» Vilas alertou de posibles inxustizas: «Estariamos penalizando os turistas que pernoctan legalmente, mentres que outros non contribuirían en absoluto.»

Paco Reyes: «O turismo é clave, pero cómpre diversificar»

Paco Reyes, exportavoz socialista en Raxoi, destacou a importancia do turismo como motor económico da cidade, representando o 21% do PIB local. «Non somos unha cidade monocultivo, pero o turismo é unha parte fundamental,» afirmou. Reyes insistiu na necesidade de evitar a turistificación mediante «a descentralización, a diversificación da oferta e a desestacionalización.»

Un debate sen consenso inmediato

O debate deixou clara a división de opinións, pero tamén revelou puntos de acordo: a importancia de planificar a medida con rigor e de garantir que os ingresos beneficien tanto á cidade como aos seus habitantes. Como resumiu Rubén Cela, «a clave non é taxa turística si ou non, senón para que.»

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

composteladetatepoliticaradio lider santiagosantiagotaxa turisticatertuliaturismo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego