María Vilas, de exdeputada de Ciudadanos no Congreso, puxo o foco nas prioridades esquecidas da cidade. «Santiago leva anos á deriva, sen un proxecto claro de cidade,» criticou. Aínda que non descartou a medida, pediu prudencia: «Non somos Madrid nin Granada. É imprescindible saber para que se vai destinar o recadado e garantir que reverta nos cidadáns.» Vilas alertou de posibles inxustizas: «Estariamos penalizando os turistas que pernoctan legalmente, mentres que outros non contribuirían en absoluto.»
Paco Reyes: «O turismo é clave, pero cómpre diversificar»

Paco Reyes, exportavoz socialista en Raxoi, destacou a importancia do turismo como motor económico da cidade, representando o 21% do PIB local. «Non somos unha cidade monocultivo, pero o turismo é unha parte fundamental,» afirmou. Reyes insistiu na necesidade de evitar a turistificación mediante «a descentralización, a diversificación da oferta e a desestacionalización.»
Un debate sen consenso inmediato
O debate deixou clara a división de opinións, pero tamén revelou puntos de acordo: a importancia de planificar a medida con rigor e de garantir que os ingresos beneficien tanto á cidade como aos seus habitantes. Como resumiu Rubén Cela, «a clave non é taxa turística si ou non, senón para que.»