ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoEducaciónSociedad

Remata Talentia Summit con máis de 33.500 usuarios no seu espazo virtual

Talentia Summit pechou a edición de 2023 con máis de 33.500 usuarios e usuarias únicas no seu espazo virtual, 7.000 máis que en 2022. En total, a web talentiasummit.com achegouse ás 46.000 sesións, con máis de 2.600 reservas na oferta formativa virtual, e case 1.900 currículums intermediados.

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de noviembre de 2023 a las 19:49

Compartir

A edición 2023 de Talentia Summit, que remataba este venres, deixa números moi importantes, que superan aos de anteriores edicións en canto á participación. Na web talentiasummit.com contabilizáronse 45.714 sesións de 33.545 usuarios e usuarias únicas, e máis de 328.000 páxinas vistas. A maioría das persoas usuarias, máis de 10.000, foron de Santiago. Séguelle Madrid, con máis de 6.000 usuarios e usuarias únicas, e Vigo, con 3.500. Por detrás sitúanse, en número de persoas usuarias na web, A Coruña, Barcelona, Valencia, Pontevedra, Sevilla e Ourense.

A oferta formativa na feira virtual sumou 2.664 reservas, e a través de Talentia Summit foron intermediados 1.882 currículums para as 538 vacantes ofertadas en 224 ofertas de emprego diferentes. Ademais, a través dos stands virtuais das empresas participantes axendáronse 1.123 videochamadas para a realización de entrevistas, e houbo 221 reservas para mentorías de desenvolvemento profesional.

Nesta edición, Talentia Summit recuperou tamén o seu formato presencial, con cursos de formación nos que participaron máis de 300 persoas, mentorías, asesoramento, e entrevistas de traballo por parte de diferentes empresas.
En canto ao Foro Talentia, celebrado o pasado 10 de novembro no CGAC, contou coa asistencia de máis de 250 persoas, e outras 1.300 visualizaron xa o acto en Youtube. En total, os vídeos de Talentia Summit publicados nesta plataforma suman 74.470 visualizacións.

O Foro Talentia Summit estivo centrado este ano na tecnoloxía e a innovación, e máis en concreto en como a intelixencia artificial está reconfigurando o panorama laboral; na promoción do talento local, e na reflexión sobre as políticas de igualdade e conciliación. O evento contou coa participación de importantes ponentes como Alex Rayón, Susana Pascual, Santiago Domínguez, Carmen Castro, Tino Fernández, Ignacio Ramos, Anna Cabó, Guillem Garcia Brustenga e Isabel Pernas; así como da concelleira de Promoción Económica e Emprego, María Rozas, o secretario xeral de Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia, Pablo Fernández; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco.

Etiquetas

santiagotalentia summit
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica
Actualidad

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans
Actualidad

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans

Una conductora resulta herida tras una colisión en la AC-543 a la entrada de Santiago
Sucesos

Una conductora resulta herida tras una colisión en la AC-543 a la entrada de Santiago