ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Arte y CulturaSociedad

Regresan os Premios Xosé Mosquera polo 90 aniversario da radio en Galicia

Líder Redacción

Líder Redacción

16 de noviembre de 2023 a las 19:48

Compartir
  • O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación da sexta edición deste certame destinado a promover as linguas galega e portuguesa entre a mocidade
  • As solicitudes de participación deberán formalizarse antes do 21 de decembro e os traballos, orixinais e inéditos, poderán enviarse ata o 1 de maio de 2024
  • A celebración complétase cunha exposición itinerante sobre a figura de Xosé Mosquera e a impartición de obradoiros de podcast nos centros de ensino

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2023.- A Xunta conmemora o 90 aniversario da radio en Galicia colaborando un ano máis cos Premios de podcast en galego e portugués Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos, convocados en colaboración co Instituto Rosalía de Castro e Arraianos Producións. O obxectivo deste certame, que chega á súa sexta edición, é fomentar entre a mocidade as linguas galega e portuguesa a través das novas tecnoloxías, así como promover a historia da radio en Galicia reivindicando a figura da súa primeira estrela mediática, Xosé Mosquera.

Así o anunciou hoxe o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, durante a presentación da nova edición destes premios no Instituto Rosalía de Castro, onde tamén participaron o director do dito centro, Xabier Mouriño; Aser Álvarez, de Arraianos Producións, e Loliña Mosquera, filla de Xosé Mosquera.

O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades indicou que iniciativas coma esta, que xira arredor da radio, medio de comunicación oral por excelencia, “son importantes para animar a mocidade a falar o galego en distintas situacións, para axudala a mellorar a súa expresión oral de maneira que se sinta cómoda empregándoa en calquera ámbito, espazo ou nivel de formalidade”.

Ademais, Valentín García adiantou que desde o Goberno galego vaise estender este 90 aniversario durante todo o curso escolar 23-24 cunha exposición itinerante sobre a figura de Xosé Mosquera, que visitará varios centros de ensino de Galicia e Norte de Portugal, e coa impartición de obradoiros sobre a creación de podcast entre a rapazada.

As bases do certame

Poderán concorrer a estes premios o alumnado de 10 a 18 anos dos centros de ensino de Educación Primaria (5º e 6º cursos) e Secundaria de Galicia, así como doutros centros de ensino non universitario de Galicia e daqueles que imparten ensinanzas de réxime xeral, do mesmo nivel, fóra da Comunidade Autónoma. Así mesmo, poderá participar o alumnado da mesma idade das escolas do norte de Portugal.

A solicitude de participación, que deberá formalizar o director ou directora do centro de ensino, poderá enviarse ata o 21 de decembro deste ano. Pola súa parte, os traballos, que deberán ser orixinais e inéditos, poderán presentarse ata o 1 de maio de 2024. Estes deberán estar relacionados coa vida e obra de Luísa Villalta, homenaxeada nas próximas Letras Galegas, ou con outros aspectos do patrimonio cultural material e inmaterial de Galicia a do norte de Portugal.

O certame establece dous premios, que serán anunciados antes do remate do curso escolar: un ao mellor traballo do alumnado de 5º e 6º de Primaria e outro ao mellor traballo dos centros de ensino secundario e doutros centros de ensino non universitario. Ambos os dous están dotados con 500 euros, lotes de libros para a biblioteca escolar, unha escultura orixinal conmemorativa para a aula e outra para o centro e un diploma acreditativo.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

As bases completas poden consultarse no Portal da Lingua Galega.

Etiquetas

galiciapodcastPremiosradioxunta
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

Pontón inicia con Luis Zahera unha nova tempada do seu podcast CódigoAna
Actualidad

Pontón inicia con Luis Zahera unha nova tempada do seu podcast CódigoAna

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala