ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolíticaSociedad

Pontón inicia con Luis Zahera unha nova tempada do seu podcast CódigoAna

Líder Redacción

Líder Redacción

1 de junio de 2026 a las 16:38

Compartir
  • A líder do BNG charla sobre actualidade, profesión e compromiso social cun dos actores máis recoñecidos e premiados do panorama audiovisual actual
  • A primeira entrega desta nova tempada estréase mañá martes e poderá verse integramente a partir das 18.30 h na canle de YouTube do programa
  • Adiantamento do capítulo (enlace de descarga): https://www.transfernow.net/dl/Adianto_CodigoAna_LuisZahera

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2026.- A portavóza nacional do BNG, Ana Pontón, inicia con actor Luis Zahera unha nova tempada do seu podcast CódigoAna, un espazo de entrevistas e conversa con referentes de diferentes ámbitos da sociedade galega.

Zahera, un dos actores máis recoñecidos e premiados do panorama audiovisual actual, protagoniza deste xeito a primeira entrega desta nova tempada que se estreará mañá martes, 2 de xuño, e que poderá verse integramente a partir das 18:30 h na canle de YouTube do programa.

Neste primeiro episodio, Pontón aborda con Zahera cuestións como o exercicio da profesión e a xestión da fama, o debate sobre o posicionamento das figuras públicas, o seu propio compromiso en temas como o de Altri ou o movemento ‘Nunca Máis’, ou a situación dun mundo inmerso nunha escalada bélica. O encontro tamén permite achegarse á súa faceta máis persoal a través dunha conversa distendida na que Pontón conecta coa vertente máis íntima e emotiva do actor.

CódigoAna trata temas que interesan e preocupan á cidadanía a través dos e das protagonistas que, nun cara a cara con Ana Pontón, contan a súa propia experiencia vital e profesional, coa que se poden sentir identificadas ou interpeladas outras moitas persoas.

Con estas conversas, a líder do BNG quere ir máis aló do marco estritamente político e mostrar a súa faceta máis humana e persoal a través de charlas con referentes vinculados a ámbitos como o da cultura, a economía, o emprendemento, a vivenda, o feminismo ou de calquera outro que hoxe interese ou preocupe á sociedade galega.

Tanto os avances de todos os programas como a súa posterior versión íntegra poderán verse a través das redes sociais de CódigoAna nas canles de Instagram, TikTok, Facebook, X e YouTube, e serán emitidos coa regularidade que permite a axenda política da portavóza nacional.

Luis Zahera

Nacido en Santiago de Compostela en 1966, Luis Zahera saltou á fama polo seu papel de Petróleo na serie ‘Mareas Vivas’, a partir da que desenvolveu unha das traxectorias máis destacadas, recoñecidas e premiadas da industria audiovisual actual.

Gañador de dous Goya e catro Mestre Mateo, ten tamén no seu haber dous premios Feroz, un Platino Award e a Medalla de Ouro ao Mérito en Belas Artes, entre outros moitos galardóns e distincións ao seu traballo.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Protagonista dalgunhas das interpretacións máis recordadas no imaxinario colectivo e con máis de 50 películas e preto de 30 series ás súas costas, Zahera continúa enlazando rodaxes nunha prolífica carreira que o confirman como un dos actores consagrados e máis solicitados do panorama escénico dos nosos días.

Etiquetas

ana pontoncodigo analuis zaherapodcast
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Laicidade institucional vs. tradición na Semana Santa de Santiago, co foco nos datos do turismo
Destacado

Laicidade institucional vs. tradición na Semana Santa de Santiago, co foco nos datos do turismo

Pontón, ante o arquivo de Altri: “É o triunfo da cidadanía fronte ao franquismo industrial do PP”
Actualidad

Pontón, ante o arquivo de Altri: “É o triunfo da cidadanía fronte ao franquismo industrial do PP”

El Obra por dentro, contado por Alonso Grela: «Llegué siendo un crío»
Deportes

El Obra por dentro, contado por Alonso Grela: «Llegué siendo un crío»

‘ConverSar: El Podcast del Obra’ se suma a la programación de Radio Líder Santiago
Deportes

‘ConverSar: El Podcast del Obra’ se suma a la programación de Radio Líder Santiago