ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoEducaciónFala que FalaNoticia LíderSociedad

Radio Líder estrea «Fala que Fala»: unha iniciativa innovadora para promover o uso do galego

Radio Líder, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, lanzará a partir do xoves 27 de febreiro o programa «Fala que Fala», unha proposta educativa e multimedia dirixida a fomentar o uso da lingua galega entre o alumnado de 1º e 2º da ESO. Este proxecto busca levar a radio directamente aos centros educativos, convertendo aos estudantes en protagonistas e animando a mozos e mozas a expresarse en galego.

Líder Redacción

Líder Redacción

25 de febrero de 2025 a las 21:06

Compartir

O programa dará comezo no IES Oroso, onde se emitirá en directo de 11.00 a 13.00 horas. Este será o primeiro de varios programas que se desenvolverán entre febreiro e xuño en diferentes centros seleccionados a través dun sorteo previo. Entre os centros participantes destacan o IES Faro das Lúas en Vilanova de Arousa, o CPR Plurilingüe Vila do Arenteiro en Carballiño, o IES Ordes, o Liceo La Paz e o IES Manuel García Barros en A Estrada.

Durante as emisións, o alumnado participará en dinámicas que promoverán o uso activo do galego, como debates, contacontos e xogos, todos diseñados para crear un ambiente atractivo e divertido que fomente a lingua. Ademais, os estudantes terán a oportunidade de realizar entrevistas a personalidades destacadas do ámbito cultural, social, deportivo ou político do seu concello, o que non só enriquecerá a súa experiencia, senón que tamén os conectará máis co seu entorno e a súa comunidade.

«Fala que Fala» ten como obxectivo resaltar o traballo que se realiza nos departamentos de lingua galega dos centros educativos, creando un espazo de interacción onde os estudantes poidan practicar e mellorar as súas competencias lingüísticas de maneira creativa e dinámica. O proxecto culminará cun acto de clausura no mes de xuño, no que se recoñecerá o esforzo e a implicación do alumnado participante. Os estudantes recibirán un diploma de recoñecemento e poderán optar a agasallos especiais.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Radio Líder agradece a todos os centros educativos que enviaron a súa solicitude para sumarse a esta emocionante iniciativa que ten como propósito fortalecer o uso do galego e promover a reflexión crítica entre as novas xeracións, contribuíndo así á preservación e á valorización da cultura galega. A participación no programa non só ofrecerá aos estudantes a oportunidade de mellorar as súas habilidades lingüísticas, senón que tamén lles permitirá disfrutar dun espazo creativo e interactivo que reforzará a súa identidade cultural.

Etiquetas

fala que falagalegogaliciaradio lider
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.