ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Comercio

A Praza Roxa acolle este mércores o Mercado das Alfaias: produto ecolóxico e de proximidade

20/06/2024 A Praza Roxa acollerá o próximo mércores o Mercado das Alfaias, un mercado ecolóxico de proximidade impulsado pola asociación Nonéomesmo e o Sindicato Labrego Galego, co apoio da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. Na iniciativa participarán unha ducia de produtores de Santiago e concellos próximos, e haberá tamén degustación de petiscos de restaurantes colaboradores, palestras, e música ao vivo.

Líder Redacción

Líder Redacción

20 de junio de 2024 a las 18:09

Compartir

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe o Mercado das Alfaias, nunha rolda de prensa na que tamén participou Lolo Rey, en representación da asociación Nonéomesmo. A tenenta de alcaldesa explicou que o obxectivo desta iniciativa «é reivindicar o traballo dos produtores, dos labregos e labregas, e a calidade dos seus produtos, das súas froitas e verduras que teñen un valor inmenso desde o punto de vista económico, pero tamén do punto de vista social ou ambiental». Rozas incidiu en que «é preciso apostar por un consumo responsable, pola soberanía alimentaria, e por modelos de produción que son tamén resiliencia fronte ao cambio climático».

As alfaias do produto local

Segundo o diccionario da Real Academia Galega, as alfaias son «obxectos de adorno persoal, pero tamén persoas ou cousas de excelentes calidades, e nesa definición encadran perfectamente os alimentos labregos ecolóxicos e locais». De aí a denominación do mercado, que se celebrará o 26 de xuño, desde as 11.00 ata as 14.30 horas, e no que participarán produtores chegados de Santiago, Brión, Vedra, Boqueixón, A Estrada, Negreira ou Boiro. Ademais, colaboran os restaurantes Bellaco e La Alacena de Cris, que ofrecerán petiscos saúdables feitos con produtos ecolóxicos e locais.

O mercado completarase con palestras sobre a importancia da producción local de alimentos, e con música ao vivo con Kedirán.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Lolo Rey animou a visitar o Mercado das Alfaias, non só aos consumidores, senón tamén e sobre todo a aquelas persoas que poidan ver na produción agraria unha opción de futuro, «porque precisamos apoiar aos labregos e labregas, unha actividade á que non podemos renunciar porque é a que coida e fixa poboación no rural, e é a que garante a protección do medio ambiente».

Etiquetas

comerciocompostelamercadoradio ldier santiagosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Catedral, Mercado… y ahora, este rincón del Ensanche conquista a los peregrinos
Destacado

Catedral, Mercado… y ahora, este rincón del Ensanche conquista a los peregrinos

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»
Destacado

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»