ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoPolítica

Pontón reclama a comparecencia de Rueda para que explique a xestión dos pellets no litoral galego

Imaxe: Noia Limpa

Urxe os recursos necesarios para enfrontar a “traxedia ambiental” porque o Plan de Continxencia da Xunta non contempla a mobilización de máis medios

Líder Redacción

Líder Redacción

7 de enero de 2024 a las 13:16

Compartir

Critica á Xunta que ocultara o suceso cando o coñecía dende hai semanas e a Rueda que estea en campaña sen atender as necesidades urxentes da xente

Advirte que Goberno galego e estatal deixan sós aos concellos e á cidadanía repetindo os erros doutras traxedias ambientais como a do Prestige 

A alcaldesa de Muros pide a “colaboración urxente e totalmente necesaria” de Xunta e Estado que lles están dando as costas aos concellos afectados 

Santiago de Compostela, 6 xaneiro 2023.- A portavoz nacional e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, avanzou que o BNG solicitará de maneira urxente a convocatoria da Deputación Permanente do Parlamento galego para que o presidente en funcións, Alfonso Rueda, compareza ante a Cámara para explicar “por que se ocultou información e por que non se están poñendo medios” ante o vertido de pellets plásticos na costa galega que cualificou de “traxedia ambiental”.

Así o dixo en Muros, onde coñeceu de primeira man a situación da man da alcaldesa da localidade, María Lago, a deputada Rosana Pérez e Luís Pérez, rexedor de Ribeira, outro dos concellos afectados e sobre os que Pontón advertiu “están sós, man a man coa cidadanía” ante a inacción tanto da Xunta como do Goberno central.

Neste sentido, considerou “gravísimo” que o Executivo galego ocultara o vertido de pellets cando era coñecedor do mesmo dende hai semanas, non puxera os medios necesarios para atallar o problema e ademais estea actuando “tarde e mal” porque activou o Plan de Continxencias “nun nivel que non implica a mobilización de máis medios”.

“É unha irresponsabilidade porque estamos ante unha traxedia ambiental que ten consecuencias negativas para o noso litoral e para o sector do mar”, incidiu, para reclamar a continuación á Xunta que reaccione, se poña “á fronte deste problema” e poña os medios necesarios para solucionar o problema.

Neste sentido, sinalou como máximo responsable da “incompetencia” coa que se está xestionando esta crise a Alfonso Rueda que, segundo subliñou, “vemos que está en campaña electoral, pero non se ocupa dos problemas que ten o noso litoral”.

A líder nacionalista afirmou que o que está acontecendo estes días “recorda demasiado” á maneira nefasta na que se xestionaron outro tipo de catástrofes ambientais como a do Prestige. “Vemos outra vez como son os cidadáns e os concellos os que se están tendo que enfrontar a este problema sós, sen que nin o Goberno galego nin o central estean actuando á altura da necesidade deste momento”, remarcou.

Ante a “opacidade na información e a falta de medios, recursos e coordinación”, Pontón advertiu que os Executivos galego e estatal están repetindo “os erros que se cometeron noutras traxedias dende o punto de vista ambiental”, o que cualificou dunha “auténtica irresponsabilidade” ante un vertido do que aínda non se sabe a súa dimensión exacta porque non se ofrece información ao respecto e que pode ser menos rechamante porque “non é unha marea negra, senón branca”, pero que é sabido “ten un impacto medioambiental negativo sobre o noso litoral”.

“O máis urxente é que se activen todos os recursos necesarios para poder limpar as praias e coñecer o alcance do vertido para que haxa solucións”, concluíu logo de apelar tamén á coordinación con Portugal para poder monitorizar, controlar e eliminar o vertido na súa totalidade.

Pola súa banda, a alcaldesa de Muros, María Lago, pediu a “colaboración urxente e totalmente necesaria” da Xunta e do Estado que, segundo alertou, “nos están dando totalmente a espalda”. Lago incidiu en que os concellos estanse vendo “sós e sen medios” pelexando cun perigo que “non chegamos a coñecer de todo”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

“Non temos información do que é exactamente o produto que está chegando, nin da cantidade que queda por chegar, nin do que se perdeu”, afondou, para concluír a continuación que a Xunta está actuando “dunha forma tremendamente opaca e xerando unha desconfianza e un medo na poboación tremendo”.

Etiquetas

ana pontonbngCrisepellets
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Pontón inicia con Luis Zahera unha nova tempada do seu podcast CódigoAna
Actualidad

Pontón inicia con Luis Zahera unha nova tempada do seu podcast CódigoAna

Pérez Barral denuncia a pretensión de levar a residencia ao monte pese a que nas Saíñas xa hai 800.000€ investidos
Comarca

Pérez Barral denuncia a pretensión de levar a residencia ao monte pese a que nas Saíñas xa hai 800.000€ investidos

Goretti Sanmartín será a candidata do BNG para revalidar a Alcaldía en 2027
Actualidad

Goretti Sanmartín será a candidata do BNG para revalidar a Alcaldía en 2027

O BNG esixe á Xunta a urxente mellora do transporte público na contorna de Santiago
Actualidad

O BNG esixe á Xunta a urxente mellora do transporte público na contorna de Santiago