ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolíticaSociedad

Padrón homenaxea ás mulleres da vila con ‘Rumorosas 2025’

Líder Redacción

Líder Redacción

26 de febrero de 2025 a las 12:00

Compartir
  • A iniciativa, promovida xunto co CIM Terras de Iria, recoñece a traxectoria de oito mulleres que marcaron a historia local
  • Nesta edición renderase homenaxe a María José Castro, Beatriz Vázquez Lorenzo, Elena Villaverde Sóñora, Isabel Oliveira, Martina López, Miriam Cortizo, Noa Vázquez e ao CIM Terras de Iria

Padrón. 26-2-2025.- O Concello de Padrón, en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM) Terras de Iria, conmemora o Día Internacional da Muller co lanzamento de Rumorosas 2025, unha iniciativa que pon en valor a traxectoria e o legado de oito mulleres da vila que destacaron en diferentes ámbitos. A exposición e os actos programados servirán para recoñecer o seu papel na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

Nesta edición, Rumorosas 2025 rende homenaxe a María José Castro, Beatriz Vázquez Lorenzo, Elena Villaverde Sóñora, Isabel Oliveira, Martina López, Miriam Cortizo, Noa Vázquez e ao CIM Terras de Iria. Todas elas foron seleccionadas pola súa contribución ao progreso e á igualdade, promovendo os mesmos dereitos, recursos e oportunidades para mulleres e homes. Todas elas son mulleres loitadoras, emprendedoras, coidadoras e referentes que, dende diferentes ámbitos, construíron comunidade e abriron camiño para as novas xeracións.

As protagonistas de Rumorosas 2025

  • María José Castro, Sesi recibe este recoñecemento en lembranza da súa nai, Ramona Froján Díaz, coñecida como Chicha. Ramona transformou un pequeno comercio nunha tenda de referencia en produtos para bebés en Padrón. A súa filla continuou o legado familiar, ampliando a actividade cara ao turismo e a hostalaría, sempre mantendo a vocación de servizo á comunidade. Para Sesi “o respecto é a clave para acadar a igualdade, e cada pequeno xesto suma para visibilizar a realidade da muller”.
  • Beatriz Vázquez Lorenzo, soprano e catedrática de idiomas aplicados ao canto, desenvolveu unha brillante carreira internacional. Destaca na recuperación e na difusión da canción galega e feminina, abrindo camiños para as mulleres na cultura. Por iso destaca que “o 8M é unha oportunidade para lembrar que temos que recuperar as voces das esquecidas”.
  • Elena Villaverde Sóñora, enfermeira especializada en Enfermaría Familiar e Comunitaria, foi pioneira no acollemento familiar en Padrón. A través do seu traballo e compromiso, loita pola educación como ferramenta para acabar cos micromachismos e coas desigualdades. “O 8M debe ser un día de loita pola igualdade real e pola educación en igualdade, para construír un mundo mellor para todas as persoas”, subliña.
  • Isabel Oliveira, mestra especializada en Educación Infantil, leva máis de dúas décadas no Ceip Flavia, impulsando proxectos innovadores en educación emocional e fomentando a implicación das familias no proceso educativo. Dende o seu punto de vista, “o 8M reivindica a igualdade da muller na sociedade actual e a oportunidade de desenvolver as súas capacidade e habilidades”.
  • Martina López, triatleta de élite no Triatlón Inforhouse Santiago, foi a primeira muller en obter licenza no Triatlón Vilagarcía. Con títulos como o de campioa de España de triatlon de media distancia (35-39 anos), demostrou que o esforzo e a constancia son clave tanto no deporte como na loita pola igualdade. “O 8M é unha data para lembrar o valor da muller na sociedade e para reflexionar sobre a importancia de loitar unidas pola igualdade cada día do ano”, afirma.
  • Miriam Cortizo, arquitecta e directora técnica, ten unha destacada traxectoria na sustentabilidade e no deseño urbano. O seu traballo no Campus Tecnolóxico Cortizo en Padrón, recoñecido con premios de eficiencia enerxética, é exemplo de innovación e liderado feminino no sector. A súa mensaxe neste 8M é clara: “as mulleres debemos facernos respectar. Debemos loitar para que as nosas capacidades sexan recoñecidas, especialmente no ámbito profesional”.
  • Noa Vázquez, experta en xestión de produto, marketing e compras no sector da moda e do luxo, traballou para marcas como Mango, Inditex e Uno de 50. Ademais, é emprendedora coa súa marca Doziños que busca levar o nome de Padrón a nivel internacional. “Aprender do pasado, festexar o presente e soñar cun futuro en igualdade. Nunca deixemos de loitar polos nosos soños”, subliña nesta Día Internacional da Muller.

CIM Terras de Iria leva 30 anos traballando a prol da igualdade e o empoderamento das mulleres en Padrón, Rois e Dodro. Ofrece asesoramento xurídico, apoio psicolóxico e programas de formación e inserción laboral, sendo un referente na loita contra a violencia de xénero. No CIM as mulleres atopan apoio, orientación e forza para seguir adiante. Porque a igualdade se constrúe cada día.

Etiquetas

padronrumorosas
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos
Comarca

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’