ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Comarca

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos

 

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de mayo de 2026 a las 23:25

Reuinión no Concello. Pola esquerda: Chus Campos, Anxo Arca, Alberto Rey, Francisco Martín (presidente Ecosistema Mágico de España), Noelia Guzmán (directora Pueblos Mágicos de España) e Xosé Regueira (vicepresidente da Deputación da Coruña).

Compartir

O encontro reunirá máis de 350 representantes institucionais, empresas e especialistas de toda España entre os días 23 e 25 de outubro
A celebración do congreso reforzará a proxección nacional de Padrón e permitirá amosar o potencial cultural, natural, gastronómico e turístico do municipio

Padrón.19-5-2026.- O Concello de Padrón acollerá do 23 ao 25 de outubro o VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos de España, unha cita que converterá a vila no centro estatal do debate arredor do desenvolvemento territorial e do turismo sostible. A candidatura padronesa foi escollida entre todas as propostas presentadas por diferentes localidades de toda España para organizar un encontro que este ano coincide ademais co décimo aniversario da rede Pueblos Mágicos de España, integrada actualmente por 169 municipios.

A celebración deste encontro en Padrón permitirá reforzar a visibilidade do municipio a nivel nacional e amosar o seu potencial turístico diante de representantes chegados de toda España. Durante as xornadas desenvolveranse actividades e visitas que ofrecerán unha mostra dos recursos naturais, literarios, gastronómicos, culturais e deportivos cos que conta o municipio.

A pasada semana visitaron Padrón Noelia Guzmán, directora de Pueblos Mágicos de España, e Francisco Martín, presidente do Ecosistema Mágico de España, para avanzar na organización do encontro. Durante a súa estadía mantiveron unha reunión no Concello co alcalde, Anxo Arca; co vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; coa concelleira de Turismo, Chus Campos; e co técnico municipal de Turismo, Alberto Rey. A delegación visitou tamén diferentes espazos do municipio, entre eles o auditorio do Campus Tecnolóxico Cortizo, un dos escenarios previstos para o desenvolvemento do programa, o Hotel Scala e o Pazo de Arretén.

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, destacou que a elección da vila como sede “supón un recoñecemento ao traballo que se está realizando para consolidar Padrón como un destino turístico de referencia, vinculado á cultura, ao patrimonio, á gastronomía e á calidade”. O rexedor subliñou ademais que o encontro “permitirá amosar a centos de persoas chegadas de toda España todo o potencial que ten o noso municipio e o importante papel que desempeña dentro do turismo galego”.

Pola súa banda, a concelleira de Turismo, Chus Campos, sinalou que a celebración deste encontro “representa unha oportunidade para seguir posicionando Padrón dentro das redes turísticas estatais e para fortalecer a colaboración con outros territorios que apostan por un modelo de turismo sostible e ligado á identidade local”. Campos destacou tamén que o programa do encontro “amosará a diversidade de recursos cos que conta Padrón, desde o patrimonio histórico e literario ata a natureza, a gastronomía e a actividade cultural”.

O encontro reunirá a máis de 350 asistentes entre representantes institucionais, empresas, especialistas e axentes vinculados ao desenvolvemento turístico e territorial. A programación estará orientada á creación de alianzas, ao intercambio de experiencias e á presentación de proxectos vinculados á dinamización económica e social do territorio.

A celebración deste encontro coincide ademais coa recente incorporación de Padrón á rede Pueblos Mágicos de España, converténdose na primeira localidade da provincia da Coruña en integrarse nesta iniciativa estatal. O municipio conta ademais co recoñecemento do Santiaguiño do Monte como Lugar Máxico de España, unha distinción que pon en valor este espazo emblemático. A adhesión á rede supón a participación de Padrón nunha estrutura de promoción turística que impulsa accións conxuntas, rutas temáticas e proxectos de visibilidade en feiras e plataformas especializadas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O Encontro Nacional de Pueblos Mágicos de España contará coa colaboración da Deputación da Coruña, do Concello de Padrón, de Cortizo e doutras empresas vinculadas ao territorio. Nesta sexta edición, afondará no concepto dunha “España de oportunidades reais”, promovendo un modelo de desenvolvemento baseado na colaboración entre administracións, empresas e territorio para impulsar iniciativas sostibles e con impacto a longo prazo.

Etiquetas

Encontro Nacional de Pueblos Mágicospadron
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’

Padrón enche os bares de ciencia co festival internacional Pint of Science
Comarca

Padrón enche os bares de ciencia co festival internacional Pint of Science