Padrón. 26-2-2025.- O Concello de Padrón, en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM) Terras de Iria, conmemora o Día Internacional da Muller co lanzamento de Rumorosas 2025, unha iniciativa que pon en valor a traxectoria e o legado de oito mulleres da vila que destacaron en diferentes ámbitos. A exposición e os actos programados servirán para recoñecer o seu papel na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.
Nesta edición, Rumorosas 2025 rende homenaxe a María José Castro, Beatriz Vázquez Lorenzo, Elena Villaverde Sóñora, Isabel Oliveira, Martina López, Miriam Cortizo, Noa Vázquez e ao CIM Terras de Iria. Todas elas foron seleccionadas pola súa contribución ao progreso e á igualdade, promovendo os mesmos dereitos, recursos e oportunidades para mulleres e homes. Todas elas son mulleres loitadoras, emprendedoras, coidadoras e referentes que, dende diferentes ámbitos, construíron comunidade e abriron camiño para as novas xeracións.
As protagonistas de Rumorosas 2025
CIM Terras de Iria leva 30 anos traballando a prol da igualdade e o empoderamento das mulleres en Padrón, Rois e Dodro. Ofrece asesoramento xurídico, apoio psicolóxico e programas de formación e inserción laboral, sendo un referente na loita contra a violencia de xénero. No CIM as mulleres atopan apoio, orientación e forza para seguir adiante. Porque a igualdade se constrúe cada día.
Recibe las noticias en tu correo.