ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Padrón estreará o 16 un servizo de Estimulación terapéutica para persoas con demencia

• O convenio entre Concello e a Agadea Alzhéimer foi presentado este xoves polo alcalde, Anxo Arca, e a presidenta da Asociación, Isabel Gey
• Profesionais de Agadea prestarán o servizo na casa dos capeláns tres días por semana para atender a un máximo de 22 usuarios, e poderíase ampliar a toda a semana
• Mariló Saco: “O obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas afectadas e enlentecer o avance da enfermidade”
• Durante este mes, a neuropsicóloga da asociación está valorando ás persoas interesadas

Líder Redacción

Líder Redacción

5 de diciembre de 2024 a las 19:35

Compartir

Padrón contará a partir do vindeiro 16 de decembro cun novo servizo de estimulación terapéutica para persoas con Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. O alcalde, Anxo Arca; a concelleira de Servizos, Mariló Saco; a presidenta de Agadea Alzhéimer, Isabel Gey, e a coordinadora da área de Santiago da asociación, Lucía Fandiño, presentaron este xoves o servizo, que se prestará na Casa dos Capeláns, en Iria Flavia, durante tres días por semana. O servizo comezará atendendo a entre 8 e 10 persoas, e podería ampliarse a toda a semana

O servizo de estimulación terapéutica ten como obxectivo mellorar a calidade de vida dos maiores, así como fomentar as relacións interpersoais, ao mesmo tempo que contribúe ao respiro familiar. Contará con profesionais de fisioterapia, psicoloxía, educación social, traballo social e persoal xerocultor da Asociación Galega de Axuda á Enfermos con Demencia tipo Alzhéimer (Agadea Alzhéimer).

Anxo Arca destacou na súa intervención a “sensibilización” que existe no equipo de goberno pola problemática social e “na defensa dos servizos sociais, que teñen que prestar unha atención integral”. O alcalde destacou que “o servizo de estimulación terapéutica que se pon en marcha por primeira vez en Padrón axudará a moitas familias”.
Nun senso similar expresouse a concelleira Mariló Saco, asegurando que a estimulación terapéutica “vai mellorar a calidade de vida de moitas persoas que empezan con procesos de demencia, e vai ser beneficioso, tamén, para as súas familias”.

O servizo comezará con tres sesións semanais, en función da demanda existente actualmente, para atender a entre 8 e 10 persoas, que se pode ampliar ata un máximo de 22 persoas tres días por semana. “Estamos seguros de que esta atención especializada de profesionais de Agadea Alzhéimer axudará a retrasar e enlentecer o avance da demencia”. O servizo de estimulación terapéutica “nace con vocación de continuidade”, dixo Mariló Saco, engadindo que “dentro das posibilidades do Concello, e se fose necesario, intentaremos amplialo para que haxa sesións todos os días da semana e poder atender as persoas que o precisen”.

Isabel Gey, pola súa banda, resaltou que “Agadea pon en marcha este servizo con intención de permanecer no tempo. Vimos para quedarnos”, dixo, e lembrou que “en todos os concellos que comezamos a traballar, seguímolo facendo”. A presidenta de Agadea agradeceu a colaboración co “Concello de Padrón, do departamento de servizos sociais e do centro de saúde”, e adiantou que se vai poñer en marcha unha campaña informativa e de sensibilización tanto en redes sociais como no propio comercio local.

Valoracións de preingreso

Dende Agadea Alzhéimer, xa empezaron a traballar e a facer valoracións de preingreso ás persoas interesadas en recibir este servizo. A neuropsicóloga e a traballadora social da entidade, en colaboración cos Servizos Sociais do Concello, xa están a valorar a algunhas persoas, traballo que continuará durante a vindeira semana, e incluso unha vez que se poña en marcha o servizo.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Profesionais de Agadea Alzhéimer mantiveron esta semana unha reunión con profesionais do centro e saúde de Padrón para informarlles da posta en marcha do servizo de estimulación terapéutica e, deste xeito, poder traballar de forma coordinada para mellorar a calidade de vida das persoas con demencia de Padrón.

Etiquetas

agadeapadron
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos
Comarca

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’