ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadSalud

Paciente de Traumatoloxía do CHUS leva 541 días agardando por unha consulta externa

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncia a situación de colapso na que se atopa o servizo de traumatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), onde centos de pacientes permanecen en listas de espera durante meses sen recibir asistencia. O caso de L.G.G., un paciente que agarda desde agosto de 2023 por unha consulta cun especialista en columna, é só un exemplo dun problema que afecta a milleiros de persoas.

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de febrero de 2025 a las 20:29

Compartir

Unha espera interminable e desesperante

L.G.G., paciente de traumatoloxía, leva máis de 500 días esperando pola cita cun especialista en columna. Desde agosto de 2023, soporta dores intensas na zona lumbar e nas costas, que lle impiden levar unha vida normal e desenvolver o seu traballo con normalidade. A dor extrema obrígao a coller baixas laborais e, a día de hoxe, segue sen un diagnóstico claro nin tratamento adecuado.

O seu traumatólogo solicitou a consulta externa para o 21 de setembro de 2023, pero, pese a presentar seis reclamacións ante o Servizo de Atención ao Doente, L.G.G. segue sen data para ser atendido. «Síntome abandonado polo sistema público de saúde. Levo 541 días esperando e non recibo ningunha resposta máis alá de escusas. Isto é indignante e un insulto ao cidadán», denuncia o paciente.

Un problema estrutural no servizo de traumatoloxía

Segundo os datos do Servizo Galego de Saúde (Sergas), a 30 de xuño de 2024, un total de 348 pacientes agardaban entre 6 e 12 meses por unha consulta externa en traumatoloxía debido a unha doenza nova. En total, 11.717 persoas estaban pendentes de consulta neste servizo. Comparando cos datos de decembro de 2019, antes da pandemia da COVID-19, a lista de espera máis que se duplicou, pasando de 5.226 pacientes a case 12.000.

A Asociación de Pacientes denuncia que as políticas públicas non abordaron este problema con medidas efectivas para reducir os tempos de espera, o que provoca un prexuízo evidente para os doentes, que ven como a súa situación de saúde empeora sen recibir atención especializada en tempo razoable.

O «buzón»: un sistema de xestión que vulnera os dereitos dos pacientes

Un dos principais problemas que agravan a situación é o sistema de «axendas dinámicas», popularmente coñecido como «buzón», no que as axendas de citas están sempre pechadas. Isto impide que os pacientes saiban cando van ser atendidos, mantendoos nunha incerteza absoluta durante meses ou incluso anos.

Este sistema vai en contra do artigo 9 da Orde do 13 de xullo de 2024, que establece que non deben existir pacientes en espera de ser citados, salvo casos excepcionais e por un tempo establecido. Ademais, vulnera o artigo 10 da mesma orde, que obriga a respectar os criterios clínicos dos facultativos á hora de fixar as citas.

A Asociación de Pacientes denuncia que este sistema antepón criterios organizativos, políticos e administrativos ás necesidades sanitarias dos doentes, provocando graves consecuencias para a súa saúde física e emocional.

Reivindicacións urxentes

Ante esta situación insostible, a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS esixe:

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →
  1. Que se lle fixe de inmediato unha cita a L.G.G. e a todas as persoas que se atopan nunha situación similar.
  2. Que se adopten medidas efectivas de xestión e aumento de recursos humanos e materiais para reducir as listas de espera en traumatoloxía.
  3. Que se elimine o sistema de «buzón» e se garanta que as consultas externas cumpran coa legalidade vixente, respectando os tempos de espera razoables.

A situación de L.G.G. non é un caso illado, senón un síntoma dun problema estrutural que afecta a milleiros de galegos. A Asociación fai un chamamento ás autoridades sanitarias para que actúen con urxencia e poñan fin a esta situación de abandono asistencial na sanidade pública galega.

Etiquetas

chuscomposteladenunciagaliciasanidade
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

O BNG apoia a concentración en defensa dunha sanidade pública digna no Barbanza
Comarca

O BNG apoia a concentración en defensa dunha sanidade pública digna no Barbanza

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala