ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDestacadoNoticia LíderPolítica

Ovidio Rodeiro reivindica o investimento histórico en saneamento e pon en valor o músculo festivo de Boqueixón

O alcalde debulla na radio os grandes proxectos en marcha —2 millóns para completar o saneamento, novas Casas do Maior e melloras en infraestruturas— mentres anima a participar na Festa da Filloa e no Entroido de Sergude

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de febrero de 2026 a las 08:04

Compartir

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, fixo balance da actualidade municipal nunha entrevista radiofónica na que combinou reivindicación institucional, datos de investimento e unha firme defensa das tradicións locais. Nun momento clave do calendario, coa Festa da Filloa de Lestedo en marcha e ás portas do Entroido de Sergude, Rodeiro puxo cifras e prazos sobre a mesa para defender que o Concello vive “unha das etapas de maior impulso inversor da súa historia recente”.

“Estamos traballando para elevar o saneamento a case o 100% das aldeas de todo o Concello”, afirmou con rotundidade, cualificando este obxectivo como “posiblemente o maior reto ao que pode enfrontarse un alcalde nun concello rural”.

Festa da Filloa de Lestedo: tradición, recoñecemento e ambición renovada

A festa gastronómica por excelencia de Boqueixón arrincou cun programa “o máis ambicioso que nunca houbo”, segundo destacou o rexedor. Declarada de Interese Turístico Nacional o pasado ano, a cita suma 43 edicións grazas ao traballo veciñal.

“Cando tes un recoñecemento a nivel nacional, o que se acredita é que hai tradición, continuidade e un traballo detrás”, subliñou, felicitando expresamente aos homes e mulleres da parroquia de Lestedo.

Rodeiro lembrou que a programación inclúe showcookings, a Festa da Filloiña, a feira dominical e o día grande o 22, facendo un chamamento á participación: “Vai ser un gran día e parece que o tempo vai estar un pouco máis a favor”.

En clave gastronómica, reivindicou a versatilidade do produto estrela: “A filloa marida con todo”, dixo, lembrando que hai opcións doces, salgadas, para celíacos e con múltiples recheos.

Xenerais do Ulla en Sergude: identidade, sátira e canteira

O domingo, Sergude converterase nun dos epicentros do Entroido tradicional. Rodeiro puxo en valor o carácter parroquial dunha celebración que se mantén viva grazas á implicación veciñal: “A forza desta celebración está no ámbito parroquial. É a parroquia a que sostén e organiza todo este evento”.

Destacou tamén o relevo xeracional: “Cada vez máis as escolas están incorporando esta celebración aos nenos máis pequenos”, o que garante continuidade a unha tradición singular da comarca do Ulla.

Sobre a crítica e a retranca propias dos Xenerais, mostrou deportividade: “Toda leña que poida andar hai que tomala como o que é: un día de festa”. E animou á asistencia: “O domingo, a partir das sete da tarde, que acudan ao campo da festa de Sergude, que vai estar cheo de diversión e bo facer”.

2 millóns para saneamento e aposta polos servizos básicos

Máis alá do calendario festivo, o alcalde detallou un amplo paquete de investimentos. Entre eles:

  • 2,4 millóns de euros en máis de 10 quilómetros de sendas.

  • 1,6 millóns no cambio integral de luminarias.

  • 2 millóns na primeira EDAR municipal.

  • 400.000 euros en melloras de abastecemento e cinco fosas comunitarias.

  • Un plan global que suma arredor de 2 millóns adicionais para completar o saneamento en case todas as aldeas.

“Creo que pode ser inédito nos concellos rurais de España lograr case o 100% do saneamento en todas as casas”, asegurou.

Tamén anunciou que o Concello asumirá o baleirado das fosas que aínda queden fóra da rede: “O propio Concello vai asumir o servizo de vaciado desas fosas e trasladalo á EDAR de Sergude”.

Estradas, burocracia e tempos administrativos

Rodeiro recoñeceu as dificultades que implica xestionar unha ampla rede viaria rural. Hai actualmente un millón de euros en contratación para asfaltos e outros 300.000 planificados, ademais dun posible novo millón con fondos propios.

“Intentamos anticiparnos, pero a administración é garantista e iso leva tempo”, explicou, sinalando que permisos de Patrimonio, Augas de Galicia ou outras administracións poden atrasar actuacións urxentes.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

boqueixonentroidofesta da filloapoliticasergudexenerais da ulla
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.