ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoNoticia LíderPolítica

«Os veciños non van a falar con Carlos o alcalde, van a falar con Carlos o da drogaría»

Este xoves, o alcalde do Concello de Vedra, Carlos Martínez, participou nunha entrevista en Radio Líder Santiago xunto a Álvaro Veiga, onde fixo balance do primeiro ano de goberno na súa cuarta lexislatura como primeiro edil do concello. O rexedor popular destacou que todas as lexislaturas son «estimulantes», pero non están exentas de dificultades, especialmente a da pandemia, que provocou un parón nos obxectivos do concello. Agora, enfróntanse a unha inflación evidente que incrementa o custo das obras.

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de junio de 2024 a las 23:14

Compartir

Martínez describiu Vedra como «o xardín e a horta de Compostela», destacando as condicións climáticas e orográficas, a terra fértil, os pazos, ríos, viñedos e a súa proximidade a Compostela, a 15 minutos dun hospital e a 20 dun aeroporto internacional. Resaltou que nos últimos vinte anos, Vedra mantivo unha poboación estable de 5.000 persoas, algo que cualifica de «milagre», xa que só Ames ten un saldo vexetativo positivo en Galicia. Constatou o interese de moitas familias por vivir en Vedra, aínda que hai vivendas baleiras que non están no mercado, e desde o concello están estudando medidas para que saian á venda ou aluguer. Destacou tamén que as matriculacións nos colexios de Vedra subiron, segundo datos da Consellería de Educación.

Carlos Martínez e Álvaro Veiga tras a entrevista

O proxecto do PP de Vedra, ao longo das últimas catro lexislaturas, ten como obxectivo poñer no centro das políticas ás persoas de todas as idades, ofrecendo servizos necesarios para as familias. Asegura qu foron pioneiros en moitas medidas de conciliación e coidado dos maiores, con preto de 40.000 horas de servizo de axuda a domicilio e un proxecto de ludoteca envexado na comarca. Tamén subliñou a importancia de levar a auga e saneamento a todo o concello, que actualmente está no 60 % en traída de auga e no 50 % en saneamento, grazas á colaboración da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña Datos que cando chegou ao goberno erá de tan un un 10 %. Ademais, recoñeceu a necesidade de mellorar as pistas municipais e comprometeuse a destinar máis fondos ao mantemento dos viais xa que é consciente que «non están ben».

Martínez destacou a importancia da colaboración con concellos limítrofes como Boqueixón ou Teo, o que permitiu sacar adiante proxectos conxuntos, incluso con alcaldes de distinta cor política. Na recta final da entrevista, lembrou que non lle molesta cando os veciños o abordan pola rúa ou no supermercado, xa que «nacín en Vedra e levo dende os 17 anos involucrado en iniciativas sociais do municipio, os veciños non van a falar con Carlos o alcalde, van a falar con Carlos o da drogaría», afirma. Sinalou que a súa prioridade son as persoas, e as primeiras, as da súa casa. Aínda que non está seguro de se continuará como candidato nas próximas eleccións de 2027, afirmou que deixará a política en canto a súa familia lle pida que pare, «algo que xa sabe o propio partido», conclúe.

A entrevista completa no seguinte enlace.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

alcaldecarlos martinezconcello de vedraEntrevistapoliticaradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo