ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaDestacadoSociedad

Os Centros Socioculturais celebran o Nadal con espectáculos, obradoiros e actividades de rúa

Santiago de Compostela, 13/12/2023.- Obradoiros para toda a familia, teatro, música, contacontos ou actividades de rúa. Son algunhas das propostas do programa «Vive o Nadal nos centros socioculturais», que xa botou a andar con algunhas iniciativas a comezos deste mes, pero que tomará máis forza na segunda quincena de decembro. O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, deu hoxe todos os detalles da programación, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado por dúas das responsables da rede de centros socioculturais, Lourdes de la Cruz e Yovana Quintana.

Líder Redacción

Líder Redacción

13 de diciembre de 2023 a las 14:51

Compartir

O programa «Vive o Nadal» dos centros socioculturais inclúe unha ampla oferta de obradoiros, pensados para toda a familia. Algúns deles están dirixidos especificamente ao público infantil, como os de cociña infantil sobre receitas típicas do Nadal, que se celebrarán polas tardes en 13 centros socioculturais do municipio, tanto do ámbito rural como do urbano. Ademais, no centro sociocultural de San Lourenzo haberá actividades matinais, de 11 a 13 horas, para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos.

Xa para para facer de maneira compartida entre persoas adultas e crianzas, na programación inclúese un obradoiro de sombreiros divertidos, que chegará a unha ducia de centros socioculturais desde o 14 de decembro ata o 4 de xaneiro. Haberá prazas para dez familias en cada un deles, con dúas persoas asistentes por familia.

En canto aos obradoiros para persoas adultas, están previstos talleres de cociña de Nadal, de centros de mesa, de coroas de Nadal ou de bolas personalizadas. En total, ofértanse 545 prazas para o conxunto dos obradoiros, que chegarán a numerosos centros socioculturais dos ámbitos rural e urbano.

Este ano manténse tamén a actividade do Agasallo viaxeiro, plenamente consolidada na rede de centros socioculturais. Como cada ano, os nenos e nenas de cada centro traballan na elaboración de pequenos agasallos destinados a crianzas doutros centros socioculturais, que intercambiarán ao longo do mes de xaneiro.

Tamén se repite a experiencia do «Belén participativo» na igrexa de San Fiz de Solovio, unha maqueta feita pola veciñanza desde os 45 centros socioculturais da rede, que convive co Belén tradicional que se pode visitar na igrexa. Nos 10 primeiros días de apertura, ambos beléns recibiron a visita de case 7.300 persoas. Neste mesmo espazo de San Fiz, o 22 de eecembro celebraráse o concerto das corais dos CSC, coa participación da coral Crecente de Conxo, a coral Ponte Mantible de Vite, e a Agrupación Pena Maior de Marrozos. Será a partir das 18.00 horas.

Máis de trinta espectáculos nos centros

«Un Nadal de conto e cor» é a oferta de artes escénicas para despedir o ano na rede de centros socioculturais, cun programa que se intensificará a partir da próxima fin de semana. Desde o 16 de decembro ata o 4 de xaneiro están previstas 25 actuacións repartidas polos CSCs da cidade e das parroquias e pensadas para diferentes públicos. Haberá teatro, música ou contacontos, a cargo de nomes como Cé Orquestra, Rudi Dudi, Fran Rei, Caxoto contacontos, Ángeles Goas, Paco Nogueiras ou Vero Rilo.

A esta oferta engádense as actividades da rede cultural a Deputación da Coruña. O venres 15, o centro sociocultural do Ensanche acollerá o espectáculo de maxia Magic Mateo Show, a partir das 18 horas; e o sábado 23 de decembro, Charlatana presentará o seu espectáculo O apalpador no CSC de Conxo, a partir das 18.30 horas.

A todo isto súmanse as visitas da apalpadora e da paxe do Nadal, que percorrerán os centros socioculturais ao longo das próximas semanas.

Actividades de rúa

No programa Vive o Nadal, os centros socioculturais tamén saen á rúa, con diferentes actividades. Unha delas serán os xogos de rúa para familias, que se desenvolverán en dúas quendas: o 16 de decembro, con saída desde o centro Maruxa e Coralia da zona histórica; e o 30 de decembro, con saída desde o CSC de Conxo. Trátase dunha xincana, de dúas horas de duración, con diferentes probas tanto para persoas adultas como crianzas, coa escusa de axudarlle ao trasgo Estrelado a atopar os lugares de Compostela nos que debe colocar as estrellas do Nadal.

A rede de centros socioculturais organiza tamén un mercado de intercambio de xogos e xoguetes. Será o sábado 16 de decembro, entre as 11.30 e as 14.30, na praza Aurelio Aguirre de Conxo, ao carón do centro sociocultural. A terceira das propostas de rúa desde a rede de centros serán os obradoiros de baile e canto tradicional de Nadal que se van celebrar na carpa da Praza Roxa, o 18 e o 28 de decembro e o 4 de xaneiro.

Matinais de Nadal

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por último, os centros socioculturais de Santa Marta, Castiñeiriño, Conxo, Fontiñas, Vite, Pontepedriña, A Gracia, Bando e Figueiras acollerán o programa de conciliación «Matinais de Nada» nos días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro, e do 3 ao 5 de xaneiro. O programa, de balde, completou as súas prazas agás nos CSCs do rural e no de Fontiñas. No caso de Santa Marta, Castiñeiriño e Conxo houbo máis solicitudes que prazas, e foi preciso realizar un sorteo para a súa adxudicación. En total, este ano ofertábanse 210 prazas, 25 máis que o ano pasado.

Etiquetas

culturanatalsantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A parroquia arzuá de Rendal acolle este venres o espectáculo de Avelino González
Comarca

A parroquia arzuá de Rendal acolle este venres o espectáculo de Avelino González

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

De DJ privado de Loquillo y Clangor al mítico Pub La Radio: Javi Rial, el disc jockey fiel al vinilo
Destacado

De DJ privado de Loquillo y Clangor al mítico Pub La Radio: Javi Rial, el disc jockey fiel al vinilo

López Campos reivindica o “momento cultural extraordinario» e reprocha que Santiago «non aproveita o seu potencial”
Destacado

López Campos reivindica o “momento cultural extraordinario» e reprocha que Santiago «non aproveita o seu potencial”