ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolíticaTurismo

O PP lamenta a imaxe que deu Compostela en Fitur como un “destino gruñón”

 

Líder Redacción

Líder Redacción

30 de enero de 2024 a las 15:07

Compartir

 

 

  • María Baleato remarcou que, “para nós, o turismo consciente e responsable debe ser unha prioridade, pero o que non podemos permitir é que a imaxe que se traslade de Santiago no escaparate nacional e internacional sexa o dun destino gruñón, no que os turistas non son ben recibidos porque non saben comportarse”.
  • Nerea Barcia apuntou que “unha norma é para todos, pero se imos a dar leccións a milleiros de visitantes, os primeiros que teñen que cumprir son os concelleiros e, polo tanto, pedímoslle a Xesús Manuel Domínguez, concelleiro do BNG, que poña en práctica o seu propio código de conducta, e non atravese toda a Cidade Vella subido a súa bicicleta até a porta do Concello”.

As concelleiras do Partido Popular de Santiago María Baleato e Nerea Barcia, lamentaron, en rolda de prensa, “a desolada imaxe” que o Goberno do BNG deu de Compostela na Feira Internacional de Turismo (FITUR) en Madrid. “O Goberno nacionalista optou por unha presentación sen imaxes da cidade baixo o lema “Santiago de Compostela, patrimonio da humanidade: Tes o dereito a desfrutalo e a obriga de coidalo`, moi lonxe dos obxectivos para os que está creado este evento”, destacou Baleato.

A concelleira popular remarcou que, “para nós, o turismo consciente e responsable debe ser unha prioridade, pero o que non podemos permitir é que a imaxe que se traslade de Santiago no escaparate nacional e internacional, sexa o dun destino gruñón, no que os turistas non son ben recibidos porque non saben comportarse”.

Desde o verán de 2023 veñen proxectando a idea de que Santiago é un destino saturado, cando iso non é real; e esa mensaxe foi calando en certos sectores de poboación, servindo de caldo de cultivo para o crecemento dun rexeitamento, por parte da veciñanza, tanto dos turistas como dos peregrinos.

Lembramos que “lle corresponde ao Goberno do BNG traballar para facer de Santiago o mellor destino que un turista poida elixir e elaborar o Plan Estratéxico de Turismo, onde inclúan as liñas de actuación máis eficaces para conxugar a rendibilidade turística, con medidas que integren a actividade turística coa vida cotiá da veciñanza”.

Pola súa parte, Nerea Barcia indicou que o Goberno nacionalista “representou” a Santiago cun vídeo que máis parecía unha unidade didáctica de boas formas para concienciar aos rapaces das escolas e institutos sobre o que se pode ou non se pode facer pero, de ningunha maneira, era un material audiovisual que amosase a imaxe da nosa cidade.

“Novamente, os nacionalistas deixaron de lado, por exemplo, os espectaculares lugares que temos nos arredores da cidade; a promoción da nosa gastronomía; os numerosos monumentos que temos ademáis da Catedral; ou os nosos emblemáticos espazos verdes”, subliñou.

Nerea Barcia reiterou a súa mágoa de que os máximos representantes do Concello non estiveran á altura da capital de Galicia, que non foran quen de amosar, con orgullo, as bondades dunha Compostela universal e cun importante potencial turístico, tal como si souberon facer os membros doutras cidades e paises.

“A quen presentaban, a Santiago ou unha cadea de reparto? Como é posible que o BNG se sinta orgulloso de dar unha imaxe de Compostela deste xeito? Queren á cidade? Porque a impresión que levas é que non acudas a Santiago xa que a cidade non soporta ao turismo, nin aos peregrinos, Que tipo de turismo buscan?” pregúntase a concelleira.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por outra banda destacou que “si falamos de normas, algo que nos chama a atención é que no vídeo de promoción ponse o énfase que está prohibido ir montado en bicicleta polo Casco Histórico. Unha norma que é para todos, pero se imos a dar leccións a milleiros de visitantes, os primeiros que teñen que cumprir son os concelleiros e, polo tanto, pedímoslle a Xesús Manuel Domínguez, concelleiro do BNG, que poña en práctica o seu propio código de conducta, e non atravese toda a Cidade Vella subido a súa bicicleta até a porta do Concello”, remarcou Barcia.

Etiquetas

politicappsantiagoturismo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Nueva York y mucho más: Infinita Viajes analiza las nuevas conexiones desde Santiago
Actualidad

Nueva York y mucho más: Infinita Viajes analiza las nuevas conexiones desde Santiago

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo