ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarca

O Noia Harp Fest ofrecerá tres vibrantes xornadas de música clásica, folk, experimental e jazz

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de junio de 2024 a las 17:11

Compartir
    • O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia contará este ano con seis escenarios: o Claustro de San Francisco e a Rúa do Curro únense aos situados na Igrexa Museo de Santa María A Nova, o Teatro Coliseo Noela e a Praza do Tapal
    • O evento arrancará, por terceiro ano consecutivo, cun encontro do alumnado das escolas de arpa de Galicia e cunha foliada aberta á cidadanía

Noia, 17 de xuño de 2024.- O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia, coñecido como Noia Harp Fest, vén de presentar esta mañá o cartel e programación da súa 11ª edición, que se celebrará do 8 ao 10 de agosto. Serán tres xornadas que se caracterizarán pola ampla pluralidade estilística, con concertos de folk, jazz ou clásica, e na que a protagonista absoluta será, de novo, a interpretación musical a través da arpa.

O Noia Harp Fest, que conta co apoio do Concello de Noia, da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e da Deputación da Coruña, é o único evento do noroeste peninsular que ten como eixo vertebrador a música producida pola arpa en toda a xeografía planetaria. A diversidade estilística e de públicos é, sen dúbida, unha das principais características do evento que dirixen Alba Barreiro, Beatriz Martínez e Rodrigo Romaní, quen salienta que o festival “non se parece a ningún outro, pois reúne unha especial combinación de elementos que lle confire unha personalidade única, con concertos de proximidade e para prazas a ceo aberto, e que non entende de fronteiras”.

Neste 2024, arpistas e bandas de Alemania, Escocia, Francia, Senegal e Ucrania formarán parte do cartel do festival, no que se integrarán, como é habitual, artistas e colectivos galegos. Así, a música da arpa soará ao longo de tres xornadas por toda a localidade, que este ano acollerá máis escenarios ca nunca: un total de seis espazos serán sede do NHF. É o caso da Igrexa Museo de Santa María A Nova, o Teatro Coliseo Noela, o Liceo de Noia e a Praza do Tapal, ás que se unen, nesta ocasión, o Claustro de San Francisco e a Rúa do Curro.

O NHF comezará, por terceiro ano consecutivo, co Encontro do Alumnado das Escolas de Arpa de Galicia, unha proposta que procura estimular a relación e crear unidade entre as e os instrumentistas máis novos do país. Deste xeito, máis de 25 nenas e nenos de distintas localidades galegas darán conta dos seus coñecementos e xuntos interpretarán, como peche do concerto, un tema en común. A cita será o xoves 8 de agosto no Liceo de Noia. Xa en horario de tarde, a Rúa do Curro será o punto no que se desenvolva a Foliada de benvida ao Noia Harp Fest, na que participarán arpistas de SonDeSeu.

A intérprete, cantante e compositora alemá Nadia Birkenstock, recoñecida pola súa destreza coa arpa celta, será a responsable de abrir ás 19.00h a xornada do venres 9 cun recital na Igrexa Museo Santa María A Nova. Os concertos continuarán pola noite no Teatro Coliseo Noela. No recinto actuará Solomiia Savchuk, moza ucraniana residente en Ferrol e destacada intérprete de Bandura, un instrumento do seu país de corda pulsada que combina elementos da cítara e o laude; e o dúo escocés Rachel Hair & Ron Jappy, que ofrecerá un dos directos máis esperados deste ano. Ambos músicos son recoñecidos intérpretes de ‘clarsach’ (arpa escocesa) e guitarra acústica no seu país e presentarán no Noia Harp Fest o seu lanzamento máis recente, SPARKS, un traballo no que regresan ás súas raíces, nas Highlands, e no que presentan unha mestura ecléctica de jigs, reels e marchas de Escocia, Irlanda e Illa de Man.

De cara ao sábado 10 de agosto, a francesa Camille Levecque inaugurará o Claustro de San Francisco como sede do Noia Harp Fest. Será un concerto íntimo no que o público do festival poderá coñecer por vez primeira o traballo da intérprete, que ten colaborado con artistas como Mike Oldfield, Hélène Grimaud ou Benoit Fromanger. Xa pola noite, a partir das 21.00 horas, a emblemática Praza do Tapal acollerá unha noite marcada pola experimentación e que contará coa música de Descofar e  Momi Maiga.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Descofar é un trío bretón que se define como “un híbrido do alento melódico da música bretoa, a potencia do post-rock compacto e a intensidade inmediata da improvisación”. A banda de Brest pasa da disonancia ao lirismo referenciado e dos arpexios brillantes aos riffs ruidosos, polo que o movemento estará garantido. O peche chegará co cantante e intérprete senegalés Momi Maiga, virtuoso da kora e atrevido compositor, que presentará no Noia Harp Fest o seu primeiro disco, NIO. Sobre o escenario, un cuarteto composto por kora, violín, violonchelo, percusión e voz (Maiga canta principalmente en mandinka e wólof) ofrecerá unha viaxe a camiño entre o jazz, o flamenco e a tradición oral de Senegal.

Etiquetas

arpaculturanoiaNoia Harp Festradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

A parroquia arzuá de Rendal acolle este venres o espectáculo de Avelino González
Comarca

A parroquia arzuá de Rendal acolle este venres o espectáculo de Avelino González