ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Sin Categoría

O Himno Galego cumpre 116 anos cun acto homenaxe este mércores no Teatro Principal

Santiago de Compostela, 18/12/2023.- Baixo o título «Cantar a nación. Aniversario da estrea do himno galego», o Teatro Principal acollerá este mércores 20 de decembro ás 20 horas un recital para conmemorar os 116 anos da estrea do Himno Galego no Gran Teatro de Habana. Todas as persoas interesadas, poderán asistir de balde ás actuacións do Coro Crecente, Coral Solfa e Cantigas e Agarimos, nun acto que se pechará coa interprentación do Himno.

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de diciembre de 2023 a las 17:32

Compartir

«Cantar a nación. Aniversario da estrea do himno galego» foi presentado esta mañá nunha rolda de prensa de prensa no Pazo de Raxoi, que contou coa presenza da concelleira de Acción Cultural, Míriam Louzao, acompañada por Anxo Louzao, coordenador de Vía Galega; María Antonia Pérez, vicepresidenta de Galiza Cultura; Xaquín Xesteira, director de Cantigas e Agarimos; José Franqueira, presidente do Coro Crecente; e Pilar Reino, da directiva da Coral Solfa.

Míriam Louzao recordou que este 20 de decembro, cumpriranse «116 anos desde que se estreou o noso himno, no Gran Teatro da Habana» e para celebrar esa efeméride, o Teatro Principal acollerá un evento a partir das 20 horas que contará coa intepretación de varias pezas por parte do Coro Crecente, a Coral Solfa e Cantigas e Agarimos que «se pechará, por suposto, coa interpretación, por parte de todos e todas elas, do noso Himno».

A edila recalcou que «para o Goberno municipal, poñer en valor os nosos símbolos, a nosa historia e a nosa cultura identitaria é unha cuestión clave», así como «poñer en valor as agrupacións do noso Concello e darlle o espazo que merecen na programación cultural a todos e todas elas que fan cidade cada semana, reuníndose a ensaiar nos diferentes centros culturais e sociais. Por iso, estamos dobremente comprometidos neste acto».

Míriam Louzao convidou a toda a cidadadanía a achegarse ao Teatro Principal e recordou que «a entrada será de balde ata completar a capacidade do espazo».

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Organizado polas entidades Vía Galega e Galiza Cultura, este acto celebrarase simultaneamente nas sete cidades galegas e en varias vilas do país.

Etiquetas

116 anosgaliciahimno galegoteatro principal
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala

Acougo busca familias para un proxecto pioneiro de acollemento familiar en Galicia
Actualidad

Acougo busca familias para un proxecto pioneiro de acollemento familiar en Galicia