ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Destacado

O goberno local modifica o planeamento urbanístico para protexer a Finca do Espiño

23/11/2023.- O Goberno Local iniciou o procedemento para preservar a calidade ambiental e paisaxística da Finca do Espiño, unha peza clave do sistema de zonas verdes da cidade catalogada como finca singular no Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1). Con este obxectivo, proporá ao Pleno Municipal a vindeira semana a aprobación inicial dunha modificación puntual do PXOM e do PE-1 que suprima o aproveitamento lucrativo previsto na parcela privada de 8.012 m2 situada no perímetro do parque, eliminando a edificabilidade e os usos privados previstos no planeamento aprobado en 2004 para este espazo onde se funden a cidade histórica e a contorna natural de Compostela.

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de noviembre de 2023 a las 15:42

Compartir

«A Finca do Espiño é un miradoiro excelente sobre a fachada oeste da cidade histórica, que constitúe o perfil máis característico e recoñecible de Compostela», explicou o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás. «Inscríbese, ademais, nunha contorna ambiental de gran valor, atravesada polo río Sarela e enmarcada polo monte Pedroso. Tamén dende a cidade histórica, e dende a propia praza do Obradoiro e dende a Alameda, resulta perfectamente visible o ámbito sobre o que se actúa co obxectivo de preservar os seus valores ambientais e paisaxísticos».
Segundo indicou o concelleiro, a modificación puntual que se somete a aprobación no Pleno deste mes «establece, ademais, condicións específicas de integración ambiental do conxunto, incluído o mantemento do arborado de interese e, na medida do posible, das trazas dos muros e dos bancais que definen o relevo do lugar».

O planeamento vixente distingue dúas zonas no ámbito suxeito a esta modificación puntual: unha zona cualificada como dotación pública, que inclúe os parques urbanos PU-14.1.b e PU-FE e mais o equipamento SC-FE; e unha zona edificable de titularidade privada, a parcela EM-FE, de 8.012 m2, disposta no perímetro do ámbito, con aproveitamento lucrativo, na que permite edificar un volume de 10.500 m2 construídos susceptible de albergar distintos usos de carácter privado: asistencial, sociocultural, sanitario, hoteleiro e residencial comunitario.

A ordenación vixente foi aprobada en 2004 como trasposición ao planeamento urbanístico dun anteproxecto asinado por Jean Nouvel hai máis de dúas décadas que non chegou a materializarse. Esta ordenación, incorporada ao PXOM a través da sús disposición transitoria cuarta, é hoxe dificilmente asumible, «pois alteraría notablemente a paisaxe e a mobilidade nun espazo de gran valor e fraxilidade ambiental», destacou o concelleiro. Ademais, o relevo do terreo fai que a implantación das edificacións previstas implique necesariamente realizar movementos de terra significativos e encaixalas contra un muro de contención dos terreos con difícil integración paisaxística.

A rede viaria existente, por outra banda, tamén condiciona a correcta materialización da ordenación prevista no planeamento que se pretende modificar, xa que o tráfico rodado tería que atravesar necesariamente a ponte do Carme de Abaixo ou a ponte de Santa Isabel, ambas as dúas de escasa capacidade para un intenso tránsito de vehíuculos polo seu ancho limitado. Tamén a ordenación vixente representa problemas de accesibilidade por mor das fortes pendentes lonxitudinais e transversais do ámbito.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

De acordo coa nova ordenación proposta, ao solo cualificado como PU-FE aplicaráselle a ordenanza do sistema de parques, xardíns urbanos e espazos libres do PXOM (artigo 137). Ao solo cualificado como SC-FE, que inclúe o palacete e os xardíns vinculados a el, cuxo uso previsto é sociocultural compatible con calquera outro dotacional público que o Concello considere de interese, aplicaráselle a ordenanza de equipamentos públicos do PXOM (artigo 136).

Etiquetas

finca do espiñosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica
Actualidad

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans
Actualidad

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans

Una conductora resulta herida tras una colisión en la AC-543 a la entrada de Santiago
Sucesos

Una conductora resulta herida tras una colisión en la AC-543 a la entrada de Santiago