ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoPolítica

O Foro Cívico comparte a necesidade de controlar os fluxos turísticos en Santiago

06/05/2024 A alcaldesa Goretti Sanmartín, acompañada da tenente de alcaldesa María Rozas e do concelleiro de Urbanismo Iago Lestegás, mantiveron unha xuntanza co Foro Cívico para analizar temas cruciais para a cidade. En declaracións aos medios ao remate do encontro, que cualificou de «satisfactorio» afirmou concordar «coa liña e coa defensa que fai o Foro Cívico deles para o desenvolvemento da cidade».

Líder Redacción

Líder Redacción

7 de mayo de 2024 a las 14:27

Compartir

A rexedora informou sobre a reunión mantida na Xunta para conseguir unha solución de mobilidade e de aparcadoiro na contorna do CHUS. A Xunta enviará unha proposta de protocolo marco e, a partir de aí, redactaranse os convenios para o aparcadoiro e os accesos, que se encargará a administración autonómica da súa licitación e contratación.

Trataron tamén a creación da empresa municipal de vivenda, coa posibilidade de que se dedique á recuperación e á rehabilitación de inmobles como prioridade, ademais da necesidade de que a Xunta poida facer investimentos propios en Santiago de Compostela en materia de vivenda. Nese sentido, sinalou o ofrecemento por parte do Concello de Santiago de ceder algunha parcela para desenvolver vivenda de protección por parte da Xunta.

Entre as iniciativas que están en marcha, destacou a estación depuradora de augas residuais, cunha obra que comezou no mes de febreiro, «para que a mediados de 2026 sexa unha realidade para acabar coa contaminación aos ríos». Sobre a estación intermodal, indicaron a previsión de que o próximo ano se poida licitar o aparcadoiro cun proxecto xa comprometido con ADIF e co Ministerio de Transportes, para o que haberá fondos en 2025 nos Orzamentos Xerais do Estado. O Orbital, que estaba licitado por 33 meses, estímase que á volta do verán poida estar concluído.

Outro dos temas analizados foi a política aeroportuaria e a necesidade de modificar o modelo de turismo, «cunha aposta pola calidade e por rutas internacionais», de cara á desestacionalización e á distribución dos fluxos de visitantes.

Indicou tamén que na reunión sobre a parcela do antigo Peleteiro, prevista para o venres 10 de maio cos ministerios de Vivenda e Economía, trasladarase a necesidade de buscar o consenso coa propiedade a través dun cambio de planeamento urbanístico.

No encontro tamén analizaron necesidades xerais onde teñen que intervir outras administracións e organismos, tanto Universidade de Santiago para o fomento de residencias universitarias e de avances relacionados co campus sur, actividades culturais e mobilidade; como o traslado á Xunta da petición do Foro Cívico sobre o abaratamento de solo industrial, que dependen de Xestur; así como a creación de residencias de terceira idade e centros de día.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Pola súa parte, o portavoz do Foro Cívico, Carlos García Cumplido, sinalou que «nos temas importantes para a cidade ponse de manifesto que cando hai unha colaboración e un apoio unánime dos grupos políticos e se chega a acordos, a cidade medra, como no caso recente do CHUS e da EDAR». «Esta é unha mostra do que o Foro Cívico pretende, do que significa traballar todas as administracións polas grandes infraestruturas da cidade», indicou.

Etiquetas

compostelaforo civiconoticiasradio lider santiagoReunionsantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha